A tensión

A estratexia da tensión foi unha táctica empregada na fin dos anos sesenta pola extrema dereita italiana. A súa historia é difusa e poucas cousas poden afirmarse sen discusión, porén de toda aquela escuridade estaba clara a práctica de atentados masivos que despois eran reivindicados no nome de grupos comunistas. Con isto pretendíase afectar á opinión pública e frear o ascenso do PCI, naquela altura con moitas probabilidades de chegar ao poder.

Durante a chamada transición española a táctica evoluíu, ou mudou, pero pode dicirse que tamén foi aplicada. O obxectivo tendía máis a conseguir unha resposta dos sectores máis retrógrados do exército que frease o proceso de mudanza política e reinstaurase unha nova versión do franquismo. Dentro diso cometéronse numerosas agresións e asasinatos que tiñan como obxectivo os militantes de esquerda, probabelmente dentro dun plano xeral que buscaba que estes respondesen á agresión e desen aos militares a excusa perfecta para sacar os tanques á rúa.

Desgrazadamente, tantos anos despois, e non só non pasou de moda, senón que segue funcionando.

A foto (CC 2.0) foi roubada de aquí.

2 cadeas rotas:

r.r. disse...

Terrorífico.

Son de Cousas disse...

E tanto que segue funcionando.
A opinión púlbica repite tal cual a historia que crean os xornais en función dos intereses políticos.
Os xornais son dogma de fé por desgraza, e xa sabemos todas os intereses que representan a maioría..
Todo é un gran teatro onde os monicreques somos nós.