Comparto parcialmente esta anotación de Arumes. E só parcialmente porque non faría a mesma análise do fenómeno que el chama "agonía do bloguismo". Non creo en ningunha agonía dos blogues, non o fixen entón e non o farei agora, co Blogaliza 2.0 noviño do trinque e o número de blogues na nosa lingua subindo sen parar. O que si é certo é que estamos fronte a unha nova transformación, se cadra non de todo indesexábel, do fenómeno, unha máis, que non é a primeira nen será, por suposto, a última.
Nos últimos anos asistimos a distintas evolucións da relación que a blogocousa mantiña entre si e co resto do mundo. Por unha banda caeron os "blogueiros profesionais", a consecuencia de que socialmente se asume cada vez máis que ter un blogue non é nada do outro mundo, ou polo menos que non é un valor en si mesmo, senón en todo caso en relación á calidade ou ao interese do seu contido. Ademais diso parece haber tamén unha asunción das bitácoras como ferramentas para a creación (creo que cada vez menos para o xornalismo) e até se superou ese debate absurdo sobre se eran un xénero literario, e por riba del protagonizaron, por primeira vez este ano, unha categoría nos premios da AELG. A categoría foi "mellor blog literario" sexa o que iso sexa, non hai máis que botar unha ollada á diversidade dos finalistas para decatarse de que hai fenómenos que aínda non se sabe moi ben como tratar, aínda que polo menos se intenta.
O momento actual, ese aparente declive, é posto en relación coas redes sociais. Dalgún xeito iso do facebook killed the blogger star, e que persoalmente me parece un tanto errado. É certo que a faceta que a blogoleira tiña como rede social está en franco retroceso e está a ser ocupada por outros servizos máis axeitados nese sentido porén, non creo que iso implique o ocaso do fenómeno, senón unha nova importancia dos seus contidos e unha modificación do seu espectro de lectores. Tamén o feedback é distinto, xa que se multiplican os espazos de debate. Ao único foro dos comentarios ao pé da postaxe agréganselle agora os espazos que fornecen as novas redes sociais, onde se protagonizan debates que en ocasións poden non chegar nunca ao autor. Creo que en todo caso estamos ante o final do blogue como elemento persoal e de relación, pero tamén ante o comezo das posibilidades de explotar outros dos seus aspectos, entre eles o de ser unha fonte de información sobre temas específicos.
Para min o camiño parece claro e devólveme unha vez máis a este texto. Podemos falar da morte dos blogues na mesma medida na que puidemos falar, no seu momento, da morte dos cadernos e dos blocs de notas, e estes, que eu saiba, non morreron aínda, en todo caso transformáronse noutra cousa, algúns deles en blogues.

Ilustración tirada de aquí.

10 cadeas rotas:
Sempre hai que agardar que sexa coma vostede di, don Mario. Pero a miña anotación vai máis alá dunha percepción persoal: é froito de comentarios entre blogueiros e lectores de blogues. E, sobre todo, de xente que prefire a inmediatez e o resultado case automático do feisbu.
Eu, pola miña banda, seguirei publicando anotacións no blog. Pero con aquel melancólico. Ao mellor ata saen mellores. Iso espero.
Eu penso que non se poden facer comparacións entre medios tan diferentes, que algo estea en internet non quere dicir que sexa igual. Facebook (e outras redes) non cumpren coas mesmas funcións que os blogues.
Que haxa un retroceso no número de blogues creados ou activos non significa que o blogue morrese, senón que non está en auxe. É dicir, xa non está de moda.
Aínda así, moitos blogues interesantes seguen funcionando e outros que o eran, simplemente esgotaron o cometido que o seu autor propuxo darlle.
Concordo con Mario en que os blogues tenderán cara a creación e reflexión e deixaran outras cuestións coma o xornalismo e o diario íntimo en mans doutras ferramentas máis ao xeito.
COncordo co comentario que me precede (o Pastor Eléctrico).
Agardo que os que inda sostemos as nosas insignificantes liñas no inmenso mundo do ciberrespazo sigamos a ser alguén.
POis tamén diso se trata. Democratización dos medios, democratización do discurso, da axenda, etc.
Saúdos!
Pois eu cheguei tarde ao mundo este e abrín o meu blog hai apenas unhas semanas. Non coñezo tanto o asunto como para ter unha opinión demasiado fundada, pero creo que concordo bastante co post. Levamos séculos, diría eu, dando xéneros literarios por mortos, disciplinas por desaparecidas, e aí nos mantemos. Se a poesía resiste, como non o van facer os blogs. É certa boa parte do que apunta Arume dos piñeiros, pero teño a sensación de que xa estamos a utilizar estes espazos libres para o que máis nos convén: expresar, comunicar, contactar con lectores, manter discusións coma esta, que en espazos coma o Facebook non darían tanto de si. O Facebook é o reino do nanocontacto, dáme a min, todo bastante superficial. Aquí, blog a blog, rómpese a cadea de privacidade dos medios de produción simbólica tradicionais. E iso non é pouco importante.
Ou polo menos iso me parece a min, que son un novato nesta cousa.
Saúde e felicidades por tan lúcidas reflexións.
Seguindo na luña do que comenta Antón Dobao, os blogs crean unha rede menos visíbel cecais ca o Facebook pero máis potente, posto que é un foro aberto ao debate e no que cada un crea o seu propio microcosmos que pode chegar a ser enorme nalgúns casos.
Penso que o debate sobre a morte do blog fica absurdo á sombra dos posicionamentos contrarios a esa tese que vemos, este mesmo debate demostra que os blogs seguen estando vivos igual que a poesía ou o teatro (que tantas veces "vimos" morrer).
Facebook non é unha ferramente de comunicación na miña opinión. É un xeito de ordenación e clasificación de identidades, amais dunha grandísima fonte de publicidade. (isto último é unha consideración que pode vir provocada pola xenreira que lle teño a o feisbu)
2009. O Blog galego: LIVE AND DANGEROUS. Non creo en agonías anunciadas, so vexo un proceso de transformación dunha ferramenta de enorme potencial cara ao servizo especializado de creación, de crítica, de arte, de tendas de chinos. Seica hai crise no número dos lectores de blogs ... mellor ... a crise é a nai da iniciativa.
Comparar o Feibú co Blogomillo é coma dicir que Hola é o mesmo que National Geographic.
Por certo, logo das túas reflexións, propias de home que pensa, acaba de cambiarlle o nome ao meu blog.
Non lle quito razón, Arumes, só interpreto o feito dende outra perspectiva. Eu non creo que o feisbuk quite tempo para manter un blogue, en todo caso pode causar un desinterese, pero iso é porque se prefire como ferramente.
Pastor: si, aínda hai que definir moito isto dos blogues, especialmente para premios así, pero por algo se empeza. Tamén creo que o auxe ou non dun formato mídese (para os medios) nunha dinámica capitalista. O blogue deixou de medrar á mesma intensidade, pero iso non implica a súa morte, a fin de contas o que importa é que a xente siga léndoos. E eu nunca tantos lin como neste momento.
Amauta: non tan insignificantes, creme.
Antón: xa ves, acabado de chegar e que che digan que o formato está en crise. A min pasoume algo parecido hai case tres anos, e aquí seguimos.
Pastor(2): eu non diría tanto como que non é un medio de comunicación, só que é un medio de comunicación distinto. Para algunhas cousas (elaborar discursos, creatividade, etc...) moito pior, pero para outras algo mellor (eu teño un saúdo amistoso día a día con moit@s camaradas que teño lonxe).
Tonho: Eu tamén creo que algunhas crises poden ser positivas. Xa tomei nota do novo enderezo e xa me suscribín ao rss para non perderche a pista.
Con que a xente despabile, xa estou contento descontente. Vou facer outro post sobre o feisbu como sparring de blog. Ou como "enfermedad que crece si es curada".
Xa lera o texto de Casciari e é moi acertada. Os blogs quedarán para os que teñan ou queiran dicir algo, e os que busquen outras cousas estarán máis a gusto no feisbuc. Así, o número de blogueiros mingua, mais non creo que desapareza. Nin cría antes que o blog era a rejostia e que ía substituír ós xornais e a TV nin creo agora que sexan unha vellada a desaparecer. Son unha ferramenta que pode ser útil ou non, a min váleme.
Por outra banda, un blog quita tempo e hai xente que se aburre ou lle mudan as circunstancias e abandoa os blogs. Non pasa nada se chegan outros novos, e chegan... Morte significa transformación.
Offtopic: cales son os motivos desta migración masiva de blogues a blogaliza?
Un saúdo
A migración está relacionado co feito de ser un servizo 100% galego e que funciona tan ben ou mellor que o blogger. Ademais de facer categorías e estatísticas pensadas en nós. Non hai máis que ver a ligazón de abaixo para ver que a cousa está máis viva ca nunca.
http://blogaliza.org/blogomillo/
Postar um comentário