Alguén falou diso, xunto con moitas outras cousas, nesta xuntanza, deslexitimando, por inútil, a actuación da chamada "masa crítica", o fenómeno que comezou con xuntanzas de ciclistas e que acabou por estenderse apoiado na rede e tomando formas máis complexas e politizadas. A base é a dunha especie de macroquedada na que se pretende, por vía da formación dun grupo con entidade suficiente, da toma dun espazo físico. O fenómeno quedaría a medio camiño entre a manifestación e a performance, xa que non se trata dunha protesta activa ou cun obxectivo determinado, senón máis ben dun mero "estar aí" ou "transitar".
Dalgunha forma non podo deixar de concordar en boa parte coa (anecdótica) crítica que se formulou. O mero feito de "estar aí" ou a capacidade de fixar unha cita, non implica demasiado de cara á consecución dun obxectivo determinado. É dicir, que o feito de pasear en bicicleta como xeito de protesta está ben, pero mellor estaría se fose combinado cunha acción política concreta que afectase á lexislación para reducir o número de vehículos ou implicase unha intimación concreta aos poderes políticos para mellorar as condicións do transporte de tracción humana. E coma iso todas as variantes que a iniciativa desenvolveu ao longo do tempo e apoiándose na rede.
Dalgunha forma a política do "estar aí" está a ter un florecemento esaxerado nos últimos tempos. Sei que moitas veces as manifestacións clásicas non deixan de ser unha versión algo máis antiga dun nominalismo estático similar, pero non deixan de evidenciar unha certa agresividade. Non é o mesmo unha multitude que pasea que unha multitude que ronda os palacios de inverno, ou (nunha versión actualizada) os colexios electorais. Aínda que seguramente os políticos riran do mesmo xeito dunhas ou doutras.
Porén, o límite pode estar, como ben apunta Mauro, nas redes sociais. Ese "estar aí" que se reduce, xa non a un tránsito, senón a un mero apuntar o nome nunha lista. A capacidade dunha persoa de comprometerse cunha causa pasa a depender da cantidade de causas que poida subscribir e esquecer acto seguido, sen ter que respaldalas con ningún acto que implique unha acción, unha esixencia concreta.
Sempre crin que parte do camiño cara a unha democracia auténtica, pasaba pola capacidade tecnolóxica que abrise a participación cidadá, un xeito rápido e cómodo, ás decisións concretas e non só á escolla de gobernantes. Porén, debo recoñecer que a observación destes fenómenos puxéronme sobre a alerta de non desbotar tan rapidamente o ritual que implica outro tipo de participación baseada no presencial. A ver se vamos instaurar de novo a pena de morte por estar distraídos ou porque todos os nosos contactos votaron que si.

1 cadeas rotas:
Oia, que eu milito nunha organización ao tempo que me fago fan de canta causa hai...
Saúdos, e, coma case sempre, dacordo co 95%...
Postar um comentário