Non quero poñerme excesivamente saudosista, como xa fixo algún compañeiro. En parte, porque sete anos non son saudade, e porque é absurdo ter nostalxia de tempos que non foron mellores e de causas que acabaron fracasando, aínda que nos servisen para aprender moitísimo. Hai sete anos estabamos (uns máis que outros) nas rúas contra a Lei Orgánica de Universidades. Xa daquela algún mestre meu, dos máis románticos, contestara á nosa preocupación polas clases perdidas que as clases académicas se recuperan, pero que aquela clase enorme que ocupaba as rúas non, e que era aquela a que debiamos aproveitar.
Outro mito, xa que aínda que os estudantes deberían encarnar sempre a crítica constante á sociedade e o eterno inconformismo, acometer en solitario a loita contra monstros lexislativos non é unha tarefa que se lle poida desexa a ninguén, por moito que poida aprender da experiencia. Hai sete anos o monstro acabou por devorarnos, e xa daquela se sabía que o pior estaba por chegar, ironicamente baixo o nome de Boloña.
Ben, Boloña xa está aquí, esta mañá puiden escoitar á Ministra dicindo aquilo que xa nos dixeran a nós, é dicir, que os estudantes teñen un problema de información, e que non se decatan do inmenso beneficio que van tirar do plano de converxencia europea. Un plano que ten como principio a entrega dos obxectivos da educación ao ámbito privado, deixando que as empresas dirixan parte da formación dos alumnos; e que substitúe as axudas públicas por créditos bancarios, iso si, en condicicións moi ventaxosas.
Existe, porén, unha consecuencia aínda máis grave de todo isto, é a que nos fai pensar na capacidade de actuación e influencia que teñen os individuos particulares no contexto da Unión Europea. Se xa "tratar" cun Estado era unha tarefa complicada, a configuración de estruturas supraestatais afasta cada vez máis a influencia posíbel das persoas de a pé no seu propio goberno, supoñendo unha agresión constante á calidade democrática da sociedade. Boloña foi un proceso tramado polos representantes dos Estados, sen consultas e sen posibilidade de participación dos cidadáns. A resposta, unha vez máis, estará na rúa.

11 cadeas rotas:
Com efeito, a resposta deveria estar na rua. Porém, eu não deixaria demasiadas esperanças postas nisso, tristemente. A capacidade do monstro - da megamáquina, como dissera Mumford - é tão grande que estaríamos o dia todo na rua a exigir retificações. Não é mala ideia, mas acho que a sociedade, que caiu na barbárie, precisa de mais um tempo de maturação para estar à altura de encarnar essas respostas de que falas.
Parabéns.
Non te anguries polas estructuras supraestatais, a Refundación do Capitalismo porá as cousas no seu sitio. (e ás persoas?)
Da a impresión, de que nada vale de nada, ante a apisonadora do poder económico. Pero non hai que rendirse, polo menos que non lle sea tan fácil. Apoio.
A min tocou-me acompañar a implementación de Ponzonha en Coimbra, como membro do conselho pedagógico... aquilo foi especialmente triste. Porque pasamos un ano intentando acordar a un comatoso, e despois chegaron as queixas sofareras. Profesorado incluído ("Xamais pensei que o meu emprego estivese en xogo?")
En Portugal xa Boloñizamos desde hai dous anos. E a cousa está mal porque: a) o proceso "es una mierda" que serve para que @s ric@s teñan traballo e @s pobres un primeiro ciclo que non serve pra nada. b) o propio sistema universitário non está preparado para Boloña e aquilo só dá desorganización que, of course, acaban pagando @s de sempre. Convalidacións que non valen, cadeiras que se repeten, profesor@s que non se adaptan ao novo sistema de docencia... horarios ateigados que non deixan tempo para nada máis (e non falo de cubatas, que tamén, mas desporto, artes, asociativismo...)
(mais a loita contra Bolonha é xeral. En Italia algunhas faculdades xa a rexeitaron, en Grecia hoube grandes movimentacións... e o CPE francés, lembremos, non pasou. A rúa é o camiño, sen dúbida.)
(desculpe, gobernador deste porto, por ter atracado con naus cargadas con tanta letra...)
de todas as formas tu já tens o futuro asegurado como fotógrafo oficial de prensa, nom? :-D
beijos
Hai que dar moita leña, ou verémonos como esas familias de serial estadounidense, aforrando para a universidade d@s fill@s dende que nacen. Ou se nós mesm@s queremos seguir a formarnos na Universidade "pública", témolo moi ghodido.
Por certo, feliz día ;)
A verdade é que hai pouco amaño, hoxe vin na televisión as primeiras cargas policiais contra estudantes, en BCN, creo. Cando vexo este tipo de cousas penso que nalgún momento comezará a esgotarse o discurso de que a loita, non servindo de nada, vale para manter o orgullo. Agardemos que dea en máis loita, ou na diversificación de estratexias, e non en pasividade.
LM: vaia, cando hai necesidade vale calquera, co malas que sairon todas esas fotos.
Lúa Neghra: o día de que, de quen?... non caio...
Ai, perdón, non foi ben a ligazón. A ver se agora vai, aínda que pasado o día...
temos moitas cousas na Arxentina das que ter vergonza. Pero as universidades públicas, de excelencia e de balde completamente (nada se paga, nada, nin un peso), son pola contra un dos maiores orgullos. Tamén pola resistencia feroz coa que enfrontaron esas ideas hai alguns anos... e agora tamén.
x
Postar um comentário