Non deixa de resultar curioso que despois de case un século de capitalismo cada vez máis salvaxe, onde distintos grupos humanos sufriron as máis variadas formas de explotación, sexa agora cando se fala de crise global e recesión da economía mundial. Como di o refrán "cada quen conta a feira como lle foi", e supoño que a minoría global que ten poder para "contar" as cousas dende os medios maioritarios nunca tivo demasiado interese en como África morría de fame ou na explotación laboral do sudeste asiático, e é só agora que perigan os seus coches de luxo cando consideran a palabra crise como unha realidade. Non sei cal será o futuro dos problemas bancarios do primeiro mundo, pero do que si estou certo é de que escasamente influirán no futuro dos outros mundos que o ocupan o planeta, que seguirá a ser pouco ou ningún.
Agora que os grandes bancos pregan por unha intervención estatal que sanee as súas contas comezamos a escoitar tamén o do "final" do capitalismo, ou iso outro do da fin dunha era. Non cabe dúbida de que o modelo económico está esgotándose, aínda que creo que resulta demasiado optimista pensar que esta primeira pedra o vai deter de boas a primeiras. Como xa expliquei algunha vez, a teoría do capitalismo contemporáneo aposta por un crecemento económico "ad infinitum", afastándose cada vez máis dos conceptos de enriquecemento (e consumo) "racional". Dentro dese contexto, o único futuro posíbel é o colapso, aínda que antes diso o monstro devorará até os seus propios principios, o cal é un xeito de comezar a devorarse a si mesmo. Desexémoslle bo proveito.
A ilustración roubeina da sección de Vergara, moi boa, por certo.

2 cadeas rotas:
Comcordo plenamente com vos compañeiro,, agora q lles chega e nom podem dispalfarrar coma o faciam,,,ai cresis. pero seu levo toda a vida nela.¡¡¡
O bom de todo isto e q os q xa eramos pobres nom imos notalo tanto.ujeje
umha aperta
Eu non podo ser mái pesimista ao respecto, xa que a cacarexada intervención pública na banca (feita con toda a sinvergonza do mundo para que pareza algo do máis natural) obviando por completo a xeneralizada precariedade social sobre a que cimentou (si, as constructoras tamen) o seu vil exercicio especulativo, é unha volta de torca máis que xa fai tempo se pasou de rosca no que á ética se refire.
Postar um comentário