Outro dos grandes


Veño de pasar un par de días semi isolado do mundo e entregado a unha reflexión monacal sobre o devir da literatura e o país. Nos próximos días escribirei as miñas impresións, pero sorprendeume, no meu retorno á civilización, esta noticia. Mentres eu falaba das xeracións como etiquetas comerciais e exercicios de poder, no outro lado do mundo Paul Newman marchaba para sempre. Non podo dicir que fose un fan de Newman, aínda que sexa teña varios dos seus filmes entre os meus favoritos. Porén dalgún xeito sempre hai algunha escena que, como algunha outra, teño gravada a lume. Trátase do final de Gata no tellado de zinc quente, ese que Tennessee Williams consideraba a súa máis grande fantasía erótica traída á realidade. Non teño unha enorme simpatía pola historia que narra o filme, considéroa outro caso no que o Tennessee subliminaba unha historia con evidentes referencia homoeróticas, traballando porén para un final absolutamente canónico e patriarcal, no mellor sentido do macho americano. Aínda así, recoñezo que esa obra como unha auténtica obra de arte que me tan conmovido enormemente, en boa parte supoño que polo traballo de Newman, aínda que non se pode obviar a minuciosa configuración do espazo da acción, mérito que deben compartir Williams e Kazan a partes iguais.

Sei que quen finou o venres foi un home de 83 anos que pouco tiña xa que ver co engaiolador rapaz do filme. De todos xeitos é unha mágoa pensar que eses ollos marcharon para sempre.

4 cadeas rotas:

O chófer chivato disse...

Monacal, si... no Artabria o venres vendo ó Leo, e onte todo o día de resaca...

marlowe disse...

N´O buscavidas tamén estaba colosal

A Raíña Vermella disse...

Cando cheguei ao meu novo piso en Compostela, que ía compartir cunha persoa descoñecida (cousa que me ocasionaba certo nerviosismo) o primeiro que vin foi unha foto ENORME de Newman que ocupaba case unha parede enteira. E non sabedes o que me tranquilizou. Alguén que ten ese póster non pode ser un psicópata, ou alomenos, é un psicópata con bo gusto e con cultura.

O chófer chivato disse...

Ai iso si, Maxestade. E tamén estou co do Buscavidas, pero o caso é que Pauliño tiña tantas estampas/escenas memorables...

Unha anécdota: os de verde sacáronos unha foto indo para Ferrol a ver ó Leo. Seica iamos a 70 onde hai que ir a 50. Vou reclamar para poder vela e enviarlles copia. 100 leurazos...

:-S