Probabelmente nas orixes da blogoleira a temática musical non tivese un protagonismo excesivo ou non máis que o de calquera outro tema. Porén, para min o primeiro contacto consciente co formato blogue foi co d'A Regueifa, e practicamente de casualidade, mentres procuraba músicas antediluvianas en formato dixital. Dende entón moitas cousas teñen cambiado con respecto a este tema. A propia Regueifa evoluíu até ser basicamente un voceiro do seu propio netlabel (que agora mesmo tamén é selo discográfico). Ao mesmo tempo moitos dos temas de actualidade musical que alí se trataban pasaron a outros medios que na altura nen sequera existían. Probabelmente tod@s os galeg@s gañamos co cambio, pero tamén perdimos polo medio un blogue persoal excelente, cun gande compromiso coa música galega máis esquecida pola historia.Paralelamente a isto tamén se deu o fenómeno dos blogues de grupo. A maior parte dos blogues de grupos musicais non teñen moito contido máis do que unha lista dos seus traballos e das súas actuacións. Porén, no medio desa regla xeral existen varios exemplos de grupos que conseguiron darlle ao seu voceiro na rede unha personalidade que nos axuda a coñecer mellor o seu proceso creativo, a súa filosofía, ou os seus principios. Tres excepcións, de moitas máis que debería haber son o blogue de The Homens (integrado na súa páxina web), onde entre fotos das xiras atopamos algunha xoias de artigos contra o canon dixital e en defensa da cultura libre, unha das frontes de combate no que o grupo loitou sempre. Tamén a visión persoal de Projecto Mourente, que soborda a súa actividade musical, e do mesmo xeito que en Valga nos ensinou que calquera podía facer unha canción cunha computadora, tamén nos mostra a vida normal dun creador musical, e parte da súa cotidianeidade. E finalmente, están os rapaces estes de Ataque Escampe, que conseguiron desmarcarse do meramente informativo creando un blogue con entradas que rozan o microrrelato e configuran o mellor valor que teñen como grupo: a personalidade.
Aínda que o mellor da blogoleira segue a ser o texto e as músicas que pendura todo ese montón de heavys, dj's, punkis, modernos e piratas.
(Por certo, non esquezo que a noticia da semana, tristemente, é esta. Falaremos diso nos próximos días).












4 cadeas rotas:
O problema para que as bandas se integren dentro da suposta rede de comunicación social, é que a plataforma que triunfou como contetor da sua musica é o myspace que é dos softwares máis endogámicos que existen. (ademáis de horribel)
The homens si que tenhen mérito de ter chegado a altas cotas de popularidade sen ter myspace... e gravando en creative commons, ainda que esa xa é outra historia
moi chulo q che quedou o post, coma sempre q bem falches,jeje
o de the homens co myspace e coma o meu nom nos emteramos da vaina,jeje
pero mundo blogue tamem e um gram difusor.
umha aperta
Caralluda a páxina de descargarse música galega, Sempre en GZ. Claro que eu nunca faría esas cousas :) Hai verdadeiras xoias
Sobchak: menos mal que alguén se atreve a dicir o que todos pensabamos. O Myspace é espantoso!!! Aínda que supoño que algo bo terá (doado para principiantes niso de colgar música e tal).
Retropower: Pois si, aver cando penduras algunha cousa túa, en plan video de longa duración.
Tichborne: eu tamén non fago esas cousas diormelibre, de feito paso os días a buscar os vinilos orixinais polas tendas do país ;-)
Postar um comentário