A verdade é que ía falar do tema do Clube Financieiro ou das pérolas de Aguas de Mondariz nesta xoia de carta. Quería falar de como a xente con formación en sociolingüística debera comezar a acusar o intrusismo profesional de tanta asociación e empresario metido a experto, especialmente nos xeitos de elevar meras opinións a verdades sobre como conservar unha lingua ou sobre por qué estraña razón a nosa aínda non desapareceu. Ía falar tamén do que din os estudos, de como basco e catalán sobreviviron sen un estado e o gaélico irlandés perdeuse pese a telo, de como os islandeses recuperaron a súa lingua medieval, e da importancia de non vender aquilo que, máis que paisaxes ou a fauna, nos constitúe a nosa personalidade grupal. Finalmente quería dicir que o exercicio dun dereito igual a outro dereito non pode ser unha imposición sen caer no paradoxo de que o outro tamén o sexa.
Ía falar de todo iso, pero fiquei engaiolado co artigo do Leo en Tempos Dixital, breve e directo como un bo tema punk, e xestionando os silencios como só un facedor de haicús sabe facer. E realmente ten razón, xa pasou o tempo de explicar ao que non entende, xa van recuas e recuas de anos a explicar a diferenza entre bilingüismo e diglosia, sacando enquisa tras enquisa que certifique a debacle, explicando as substitucións nobiliarias e as orixes históricas da situación actual. A comprensión tamén ten os seus límites, xa está ben de vender á baixa a quen nunca tivo intención de mercar.

4 cadeas rotas:
Eu tambem gostei do artigo do Leo,concordo com el no que di.Ja basta de intentar falar coa xente que nom quere escuitar e so pretende difamar.
Eles empezarom
Buf; e volta ao mesmo. Nesta ocasión deixarei de lado a miña irascibilidade e "abstereime" de comentar.
Iso si; o da perda do gaélico... unha mágoa.
Saúdos
Despois de ler a carta dos de Mondariz (á parte de que me reafirmou na miña postura de beber do grifo, que ademáis ten menos sal) quedoume claro que está escrite dende a mais completa ignorac¡ncia, non xa da situación política ou lingüística, senón ignorancia en xeral. Só hai que ver como está redactado e os ultratopicazos nos que cae. Non tódalas opinións valen o mesmo nin están igual de fundamentadas. E ten razón Leo: empezaron eles.
sssi, si empezaróm eles, iso esta clarisimo. se eles nom quitaram o tema nim tentiamos tema, som o peor.
saudos e espero verte maña
bikos
Postar um comentário