Coa sana intención de prepararnos para a inminente fin dos tempos (ver postaxe anterior), decidín facer este meme que atopei por aí, e que aproveito para mandar ao Pastor Eléctrico, a Raíña Vermella, a Rapaza do Arco, ao Arredista e a RetroPower, aver se a ningún lle parece mal que lle faga pensar nestas cousas.
Se fose a fin do mundo:
1) Que canción che gustaría escoitar?
Supoño que non é orixinal dicir que o Oh Fortuna do Carmina Burana, pero é que estéticamente é o que mellor lle acae. Rompendo a solemnidade do momento, se cadra o In a sentimental mood de John Coltrane e Duke Ellington ou o Karma Police de Radiohead, algo tranquilo que non me poña máis nervioso aínda.
2) A que libro lle botarías un ollo?
Probabelmente a Rayuela de Cortázar, ou a algún de poesía de Ferrín. Tamén por pracer estético, porque habían ser de pouca axuda. Claro que curiosamente os de Paulo Coelho tamén (outra razón máis para non lelo).
3) Con quen che gustaría falar?
Obviamente cos seres queridos. Se iso se dá por feito, co Papa, para berrarlle "e agora que?, listo que vas de listo".
4) Que che gustaría comer?
Seguramente non me gustaría comer nada, pero se é obrigatorio pido a cea completa nun bo italiano. Masa caseira, pizza ao forno con todo, tiramisú e limoncello.
5) Que farías e que che queda pendente por facer?
Pendente por facer seguramente escribir un monte de libros e ler un monte aínda maior, nada que me vaia dar tempo. En canto ao momento, gostaría de estar abrazado ás persoas que quero, por aquilo de ficar reducido a pó pero pó namorado.

10 cadeas rotas:
Gustoume o meme este!!! podo facelo mesmo sen estar formalmente convidada?
Tamén eu botaría unha ollada a Cortazar (Rayuela ou Historia de cronopios y famas). Para comer, ía ao Toxo cos meus. E xa que estamos, falaba alí con eles que é con quen maís me gusta falar. O malo é todo todo o que me quedaría sen facer...
buf; pensa que por moito que vivas seguiran quedando millóns de libros por ler, exposicións que mirar, filmes que ver e... por suposto centos de persoas a quen abrazar. Sexa como for agardemos vivir moito tempo tanto para unhas cousas como para outras e, agardemos tamén vindeiras obras súas.
Saúdos.
pois imos facelo logo,,, parecem interesante,,,ejjej
umha aperta
Acepto o desafío, pero xa che advirto que vou ser moi pouco orixinal. Iso si, primeiro vou facer o de Fuji, que chegou primeiro;)
Olá,
era só para comentarche que a túa bitácora é unha das que recomendei na entrada no meu blogue, www.contradiscurso.net, co gallo do BlogDay ;)
vamos a moriiiiiir! vaia, m, que negativo te vexo. Ben, en calquera caso, falar da fin do mundo nunca o considerei un tema especialmente tabú para min
Gosto do seu blog, Don Mario.
Permítame responder, ainda que quizais como extraño.
Paréceme, que non leería, non poría ningún disco, non comería, mais si bebería un bo grolo de malteado e miraría, miraría como un puto voyeur e escoitaría as palabras en min, as últimas palabras e lembraría bladeruner." Eu que vin constelacións únicas, amenceres cosmicos e que todo teña que acabar." O peor é que agardaríamos o espectaculo e o peor andia é que estaríamos posibelmente situados de xeito que o expectaculo non se podería contemplar, así que sós, un, o que queda do mundo e a imaxinación operando, revelándose e o principio de realidade preparánsonos para a entrega incondicional a morte, porque ao fin, é a morte, e morrer é algo que a pesares das multitudes, faise só, completamente só. "Cando acaba a película?"
firmo
Alégrome de velo por aquí e de que gostase do blogue. A frase de Blade Runner é estremecedoramente axeitada para un intre así, non me lembrara dela. E si, seguramente o espectáculo se nos negaría. Un saúdo.
Vaia vaia vaia! Q despiste! Vira antes o da Arqueira e a Raíña, pero non o primeiro eslabón da cadea... Qué lindo, che! Se antes dixen que gostaba deste "xogo" gore, agora penso que coincido co escrito nesta illa de Gorée: eu tamén gostaría de xogar ao cíclope. :)
PD: Coincido co Pastor en que se o condensador de fluzo ese furrula como prevén, que me avisen que tamén paso do exame do 15!
Postar um comentário