Durante a próxima semana cúmprense os 75 anos dunha das primeiras romarías laicas que viviu o país. Xurdida como parte da celebración do "Día da Árbore", organizada pola "Sociedad de Amigos de los Arboles de la parroquia de Maniños”. Naturalmente, apesar dos esforzos de prosperar en tan loubél proxecto forestal, a romaría viuse axiña capturada polo poder popular, e non tardou en ser chamada "a festa do pote", precisamente porque naquela primeira facían a comida nun pote enorme. A fama da celebración chegou a tanto que pasou a dar nome á asociación que continúa até hoxe.Durante a miña infancia e pola miña ligazón familiar á parroquia, as visitas ás actividades do Pote eran bastante frecuentes. Supoño que naquela altura moitas daquelas vivencias parecían normais, aínda que hoxe en día teñen un valor distinto e decátome da importancia e da sorte que implican ter unha asociación así nun núcleo poboacional tan pequeno. Obviamente o local social ten pouco que ver coas súas variantes urbanas e contemporáneas e está máis virado cara ao deportivo e o lúdico. De todos xeitos, iso non impediu nunca o desenvolvemento dun programa cultural que me permitiu, na miña tenra infancia, tomar conciencia do significado das Letras Galegas, ou asistir a miña primeira función de monicreques. Dentro da miña colección de pequenos momentos con significado tamén está o recital do ano pasado, compartindo palco co compañeiro Arsenio Iglesias Pazos, ligado tamén á asociación.
Este ano a festa promete novamente, e aínda que o programa está maiormente entregado á música folc e tradicional, tamén se lles colou algún punki o domingo á mañá. Bon sinal para os próximos setenta e cinco, e máis que veñan.












4 cadeas rotas:
ei ei
Eu a ese punki vino unha vez en Santiago e escapei espantado.
Agora téñolle cada vez máis respeto, aínda que supoño que isto a el lle dá un pouco igual.
E non prantades ningunha arboriña ?.
Som as 9 da manha do dia seguinte a romaria,estou morto mas onte paseino bem. Tivem a oportunidade de falar com Maria Manuela e de estar com Mini e Mero,algo emocionante.
Tambem me emocionei cando Mero falou dende o cenario sobre o q significaba para eles voltar o Pote, e recordar as vivencias de finais dos 70 e principios dos 80 cando tocabam no Pote por um país diferente que ainda nom chegou.
O nosso punki arrasou, e iso q vinha co espectaculo serio. A presentaçóm de Pitusa foi moi boa, dixo q era como Conchita Velasco pq de pequeno lhe dixera a nai q queria ser artista jejejjee. A xente jovem coa q falei dixo q vaia crack trouxeramos, habera q facer um dia o espectaculo completo na sociedade.
Em fim,a cousa estivo moi bem pena q nom acudirades.
Cando foi o recital do ano pasado (Mario Regueira,
Daniel Salgado, Xía Arias, Lorena Souto,
María Lado, Leo, Eduardo Estévez...) fixen unha das miñas
típicas bromas sen éxito: Maniños ten arredor de 1500
habitantes e O Pote ten 300 e pico socios. En proporción,
esta asociación é moito máis importante cá asociación do
rifle en EEUU.
Eu no Pote fun a festas de disfraces, concertos, festas
patronais, romarías, xogos infantís, conferencias, teatro,
bailes, recitais, xoguei
ao fútbol, pero sobre todo xoguei catorce anos no equipo
de balonmán.
Aínda que nunca fomos moi bos, sempre me
produciu a sensación de que había algo distinto en nós
cando iamos xogar contra equipos de cidades coma
A Coruña, Lugo, Ferrol, Santiago, Ribeira..
e nós eramos o equipo dunha simple parroquia anónima
perdida no mapa
que, obviamente, non coñecían en ningún deses sitios
(ben, se cadra a algúns de Ferrol si que lles soase de
algo).
Postar um comentário