Hai un par de días o suplemento Culturas de La Voz adicoulle unha reportaxe aos narradores e narradoras galeg@s nov@s, despois dunha tertulia entre seis deles na participou que un servidor. Os que temos experimentado, aínda como amateurs, a incómoda posición do entrevistador, sabemos que existe unha distancia moi grande entre os tres momentos dunha entrevista ideal: tal e como se concibe previamente, a forma na que esta se desenvolve, e o resultado final. Isto, debe ser aínda pior cantas máis persoas haxa involucradas. Naturalmente, a miña curta experiencia ao respecto dime algo así como que o truco está en saber saltar dunha fase á outra sen obsesionarse cunha extrema fidelidade nen caer na manipulación interpretativa. Nese sentido o resultado da reportaxe pareceme bastante bo, se cadra dos mellores nos que teño participado, xa que aposta polo equilibrio sen obviar os pontos importantes que se trataron.
Obviamente, non podería ser o mesmo que faría eu, como tamén non sería o mesmo que faría ningunha outra persoa das que participaron. Hai tamén alguhas valoracións coas que non concordo, cousa completamente natural. Porén, as miñas dúas puntualizacións non aluden tanto ao contido como ás cousas que eu non son consciente de ter dito ou que non diría do mesmo xeito no que aparecen reflectidas, e tamén a un par de referencias que considero un tanto inexactas. A oralidade e a inercia das tertulias leva en ocasións a esas pequenas trampas, pero para algo un abriu un blogue, para ser puntilloso e dar a lata.
a) No tocante ao guerracivilismo na literatura contemporánea non pretendía ser tan prescriptivo como parece insinuar a transcripción. Seguramente foi exactamente o que dixen, pero non me considero ninguén para dicir do que se pode ou se debe escribir. A miña visión da temática da Guerra Civil na literatura galega é complexa e seguramente acabarei por adicarlle unha postaxe en exclusiva. O que si creo é que un elemento sobre o que problematizar, como toda tendencia susceptíbel de converterse nun filón. O tema ten dado boísimas novelas, pero tamén produtos absolutamente esquecíbeis. E por se o chega a parecer nalgún momento, non considero Agosto do 36 un mal libro, máis ben ao contrario. Tivo a sorte e a desgraza de ser o primeiro desa moda guerracivilista, e tamén por iso mesmo está lonxe de moitas das súas inercias. Falarei del, como digo, máis adiante.
b) Supoño que foi unha expresión retórica pero quero destacalo porque toca un dos temas que se debaten estes días en Estaleiro: a visibilidade da Editora como un proxecto colectivo. Ningún dos dous socios da editora presentes na reportaxe leva as rédeas da mesma, xa que se trata dun proxecto común, compartido cuns corenta socios que comparten as mesmas condicións de igualdade. Un prúrito semellante prodúceme o concepto "socio fundador", xa que parece configurarse como unha especie de mérito nun proceso no que participaron unha trintena de persoas, (moitas delas sen ningunha visibilidade pública), e que ademais decidiron libremente conceder os mesmos dereitos ás persoas que entrasen apartir de entón. Así que eu diría membros dende o inicio, socios da editora, membros do proxecto, ou parte da asemblea, que son méritos menos vistosos, pero máis fondos en significado.

3 cadeas rotas:
debo de estar a durmir, pero non atopo a reportaxe nese enlace... ou é que a "reportaxe" é iso que colgaron no blog de xerais?
Non, o que colgaron no blogue de Xerais é apenas a metade da reportaxe, unha análise crítica-bio-bibliográfica de Ramón Nicolás. A parte máis interesante, que falta, era a transcrición da tertulia entre @s 6 que participamos, e onde se tocaron temas como a existencia dunha xeración literaria, a edición alternativa, os temas sobre os que se escribe (o que digo do guerracivilismo) e a situación do sistema literario galego.
Agardo ese post sobre o guerracivilismo (ou a guerra civil na literatura galega, se prefires)
Postar um comentário