Hai pouco falaba do graffiti do Che obra do noruegués Dolk. Particularmente adoro o seu traballo, considero que consegue un efecto evocador moi concreto e complicado de acadar. Para exemplo unha das miñas favoritas, aí arriba, o amor, a furia ou a revolución. Podería falar moito sobre graffiti, mercado e arte marxinal, pero alguén cun estilo que me lembra perigosamente a min mesmo vén de facelo na nova web, Galiza Moderna.Galiza Moderna nace como un proxecto aberto a todo e que aínda está en fase de formación, de aí o seu aspecto de pura mestizaxe e as dificuldades de clasificación, nun camiño intermedio entre un blogue, unha páxina, ou os pequenos rasgos máis propios dun portal de información. Pode que a estas alturas non teña moita trascendencia un fungo máis na grande blogoleira, pero se cadra aínda quede a capacidade de sedución inconsciente, como os graffitis que acabamos seguindo case involuntariamente e dos que nos vamos facendo pouco pouco, auténticos fans.












2 cadeas rotas:
Tá bem a web. Curiosamente tamén lembran a Sergio Algora, xusto cando eu me puña a escoitar cancións de La Costa Brava.
Moi bo o do día das letras para Moncho Reboiras (patriota galego).
Moi boa a wep, todo emblobado num..si señor
cama vai por ai, eu ando leadisimo...umha morea de chollo. e demaisssss
umha aperta
Postar um comentário