Nos mitos que rodean á cidade de Compostela está o de ser construída arredor dunha mámoa, nun occidente salvaxe que os antigos consideraban o país dos mortos, e coa única finalidade de rendir culto e converterse no terceiro centro de peregrinaxe da cristiandade. Naturalmente nada é novo e suponse que a peregrinaxe á fisterra de Europa é en realidade unha práctica precristiá de viaxe mística cara ese país dos mortos, ou inferno. O mito das tropas de Augusto confundido o río Limia co Letheo, ou o pavor das tropas romanas ao ver o sol afundir das augas de Fisterra (Finisterrae) serían indicios diso mesmo, e dunha consciencia de violación ou conquista dun territorio sagrado. Até hoxe mantense que o último tramo do Camiño de Santiago non remata na cidade, senón no cabo máis occidental da Europa continental, probabelmente como unha reminiscencia dos tempos pasados.
Porén, como digo, nada é novo. A cristianización foi aquí, como en moitos lugares de Europa e América, unha simple capa de pintura que cubría levemente as crenzas antigas. Se os escravos africanos escondían un orishá detrás de cada santo católico, os nosos antergos facían o propio, tapando con cruceiros as pedras sagradas e con sartegos de santos os enterramentos dos vellos heroes. O sincretismo non para nunca, e as crenzas sinxelamente transfórmanse noutra cousa.
Esta semana, nunha suposta adoración ao apóstolo, os blasfemos tivemos a oportunidade de recuperar a fe transformada. E deus entrou por fin na Praza da Quintana tras séculos de espera, transformado nun home eternamente mozo cun violão, que percorreu o seu repertorio nun concerto acústico agradecido polos fans de varias xeracións. E como parte do milagre, as declaracións no escenario a crear as lendas do mañá: Sou brasileiro e a minha língua é o galego-português.
Uns cantos días despois, no mesmo escenario, Toquinho e Maria Creuza conseguían resucitar de forma igualmente mítica a Vinícius de Moraes (Saravá!). As campás da Berenguela, como o vello clero aferrado aos privilexios, protestaban no fío das doce ante tantos novos pagáns. Caetano riu, interrompido, aínda que Toquinho, collido en plena éxtase co violão apenas foi consciente e preguntou despois se realmente houbera algo capaz de facer fronte a tanta maxia.
Tras anos de Carlitos Marrones e Gilbertos metidos a diplomáticos de medio pelo, por unha vez a presenza brasileira na Galiza soubo estar á altura lingüística e musical que merecia o seu público.
É así como se crean os mitos, e medran os novos sincretismos.
Quem é ateu e viu milagres como eu...

4 cadeas rotas:
É que hai xente e Xente...
Eu quedei impresionada, coma sempre, oscilando entre a sensacións de familiaridade e a de admiración :D
Fai uns anos gocei dun concerto de Caetano Veloso e a súa voz fixo que esa noite fora mais íntima, mais máxica, mais nosa.
mágoa o de Gilberto. Moitos dos que alí estabamos levamos grande decepción ... pero cada pobo ten o que se merece (diso non hai dúbida).
No referente a Caetano, pois non puiden estar lá. Unha pedra no ril imposibilitoume a velada (un que xa comeza a ter enfermidades de vellos, como diría un amigo)
Un saúdo.
só o caetano com pano preto ao fundo e a sua voz...foi incrível!prazer encontrar-te lá.beijos
Postar um comentário