Pois si, aínda que xa fixen a miña particular tarafa de reenviar o manifesto aos contactos e animar áos últimos indecisos, parece que cousa precisa dunha nova onda de publicidade. Como se apunta aquí, a repercusión blogomilleira foi un tanto discreta, e se cadra iso explique unha serie de ausencias un tanto inexplicábeis.O Manifesto Galeusca formula unha contestación ao infausto manifesto sobre a lingua común que varios persoeiros xeraron hai unhas semanas, cunha intención política tan flagrante que resulta moi complicado crer que a alguén se lle puidese pasar desapercibida.
O Galeusca é unha defensa ben documentada e bastante ponderada das outras linguas do Estado, fuxindo do apaixonamento ao que sería doado abandonarse ante unha agresión dese calibre. E por certo, apesar de estar promovido por uha asociación de escritores, pode asinalo calquera persoa que o desexe, nesta ligazón.












4 cadeas rotas:
Moi boas M. Regueira.
Haberá que asinar en todo caso.
...a última noticia que teño de vostede é das colaboracións na revista "A caramuxa".
Un saúdo desde o seo do Colectivo Sacou de Noia
aproveito para agradecerche que mo mandaras por correo electrónico. Fíxenlle eco no meu modesto blog.
Un saúdo
Asinamos, pardiez. No apartado de "populacho" ou "persoas humanas con pouca capacidade creativa" pero asinamos :p
Por suposto que hai que firmar. Eses do Manifesto foiselles a olla, e da a impresión que promovan o quechua en Perú.
Postar um comentário