Galeusca, eu tamén

Pois si, aínda que xa fixen a miña particular tarafa de reenviar o manifesto aos contactos e animar áos últimos indecisos, parece que cousa precisa dunha nova onda de publicidade. Como se apunta aquí, a repercusión blogomilleira foi un tanto discreta, e se cadra iso explique unha serie de ausencias un tanto inexplicábeis.

O Manifesto Galeusca formula unha contestación ao infausto manifesto sobre a lingua común que varios persoeiros xeraron hai unhas semanas, cunha intención política tan flagrante que resulta moi complicado crer que a alguén se lle puidese pasar desapercibida.

O Galeusca é unha defensa ben documentada e bastante ponderada das outras linguas do Estado, fuxindo do apaixonamento ao que sería doado abandonarse ante unha agresión dese calibre. E por certo, apesar de estar promovido por uha asociación de escritores, pode asinalo calquera persoa que o desexe, nesta ligazón.

4 cadeas rotas:

Manuel L. R. disse...

Moi boas M. Regueira.

Haberá que asinar en todo caso.

...a última noticia que teño de vostede é das colaboracións na revista "A caramuxa".

Un saúdo desde o seo do Colectivo Sacou de Noia

Mr Tichborne disse...

aproveito para agradecerche que mo mandaras por correo electrónico. Fíxenlle eco no meu modesto blog.

Un saúdo

A Raíña Vermella disse...

Asinamos, pardiez. No apartado de "populacho" ou "persoas humanas con pouca capacidade creativa" pero asinamos :p

Suso Lista disse...

Por suposto que hai que firmar. Eses do Manifesto foiselles a olla, e da a impresión que promovan o quechua en Perú.