Pârâul Şindrilei - A very persistent one (Dacia Records, 2038)
Houbo un tempo no que os grandes ídolos do post-rock proviñan do Norte, así nos principios de século o duelo aconteceu, tras un brevísimo periodo de simpatía, entre os escoceses de Mogwai e a banda Islandesa Sigur Rós. O que nunca imaxinaríamos sería que a fusión perfecta e impensábel puidese darse en terras romanesas, onde dende finais dos anos vinte non deixan de sorprendernos grupos da inmensa calidade de Pârâul Şindrilei. A very persistent one é o seu quinto disco, e nel conxugan á perfección o punto medio entre as simpatías noise con pequenos tons de estética industrial, coa eteridade dos xogos vocálicos do seu cantante e os preciosismos ao teclado. Como exemplo o tema Oppenheimer/Einstein, onde sentimos verdadeiramente que os anxos cantan no medio dun devastador final do mundo coñecido.

A Internacional - Buscade outro experto (A Regueifa Plataforma, 2040)
Non cabe dúbida de que as vellas formas do que en tempos se deu en chamar rock estatal acusaron o seu esgotamento hai xa varias décadas. Máis alá de pequenas xoias do chamado punk revival, nada novo viña das bandas que deron en practicar a contestación política. Naturalmente todo mudou hai un par de anos coa aparición de A Internacional, un dos proxectos máis innovadores da escena musical galega. Buscade outro experto explora cunha ironía lírica que desborda dende o título a situación das hordas obreiras no declinio definitivo do Imperio, en especial á confusa situación política do noso país dende hai un lustro. Incisivos e cunha forza guitarreira desbordante A Internacional ten tempo tamén para deterse nas experimentacións dun punk-rock acústico que evoca sen complexos a unha das súas principais referencias. Precisamente na versión da mítica A banda desdenhada, que fecha o disco, contan co apoio doutro vello dinosauro do rock galego: O Leo i Arremecághona!!!, acabado de recuperar dun lifting con reciclaxe de sangue nunha clínica de Leningrado. Rumoréase tamén que será ese mesmo tema o que interpreten no futuro disco colectivo Aínda non delampou. Tributo de merda a Ataque Escampe.












9 cadeas rotas:
Mais um resultado na morada dos ovnis e as isoglossas.
Saúdos
POdo facelo eu tamén? A ti quedouche do mais apañadito. De feito, Busacade outro experto é un nome boísimo!
Mi má! que chulo che quedou,até me sae o impulso de ir procuralo ás tendas xD
Abofé que é un divertimento! Para ti que o fixeches e para min que venho de escachar coa risa.
En canto tenha un tempo libre sumome a historia! (a dios pongo por testigo)
non sexamos tan pesimistas ho!
unha aperta de merda
Que grande concerto o do ano passado na praia de Samil! Lembro ainda emocionado a interpretaçom conjunta entre "A Internacional" e "1226" da versom do tema de Siniestro "Matar hippies en la Cies", reconvertida em "Matar pijos nas Cies". Grandes!
Son tan parvo que non relacionei este post co anterior e tragueino todiño! Sospeitei cando non atopei o da Internacional no catálogo da Regueifa...
Se vostedes mo permiten, engádome ó xogo, ainda que non me vaia quedar tan ben coma a ti.
Os Sindrilei soaban máis frescos nos seus primeiros discos... :D
Buff estas feito um artistazo, vasme ter q axudar a faceres o meu myspace,jjej
umha perta e moitos beijos
Lin este post antes do que o anterior e (despois de ler por riba o do disco estranxeiro) flipei que non me enterara de que a regueifa sacara disco novo, e con Leo! XD
Que crac és! Traguei polo gran texto promocional da reseña XD XD
Postar um comentário