Pois iso, que como xa é sabido a rapariga volve por onde mellor sabe, e como un é unha persoa sen crepúsculos que diría o outro, non vai ter o menor reparo en piratear algún dos poemas do libro, para quen non teña cartos, ou para quen non poida agardar máis, ou para quen precise ler algunha cousa que fale do mar ou da memoria. Desfrutádeo, supoño que non tardaremos moito en poder lelo enteiro. Por certo, aver se os do Avelina Valladares poñen ao día as publicacións, moito agardamos por este, e máis levamos agardado por outros. (Arsenio Iglesias Pazos, fai un blogue dunha vez pra poder poñer ligazóns!!!).
o recordo deste lugar en sosego e soleado
antes de que as augas se cubriran e o ceo
oculto caese baixo a sombra dos avións
o recordo da torre
acesa para correo en clave dos amantes
o paso do tren estendido sobre as augas
o recordo profundo dos seus ollos
das areas que recibiron os pasos descalzos de alicia
antes,moito antes
de que o lugar fose cercado pola cobiza dos homes
o recordo das palabras nunca pronunciadas
das cartas que viaxaban sobre o océano
pero a memoria é prohibida aquí
e así inmenso
así doe novembro
tatuar esta dor na pel suave do interior dos brazos.
María Lado, Nove













7 cadeas rotas:
secundo a tua petizom a arsenio e parabens a maria
Arsenio Iglesias é um vago, eu tambem apoio a petiçóm de Mario q faga um blogue e empece a deixarnos petiscos dese livro q nom acaba d sair.Há que empezar a valorar d facer umha manifestaçóm na Estrada para q o livro saia a luz.
Os meus parabens para a poetisa.
xa se botaba de menos que maría lado sacase algo. morro coas ganas de ter nove nas mans!
Bonita poesía, gustame moito. Unha aperta.
Semella que xuño trae novidades interesantes. Xa lle vale a Arsenio non ter blogue, é como andar indocumentado pola rede :p
Gostei moito do poema. Haberá que ler mais.
encantada de que me pirateen así ;)
bicos!
Postar um comentário