Llach



Ao longo da miña vida téñome perdido moitos concertos polas causas máis variadas. A maior parte están relacionadas coa falta de cartos ou de transporte, tamén houbo uns cantos defectos de información (o típico de enterarte cando xa están todas as entradas vendidas) e mesmo por falta de interese no traballo concreto que se estaba a presentar. Ese foi o caso do último concerto de Lluís Llach que me caeu perto. Non me chamaba demasiado o disco que presentaba e pensei que eran demasiados cartos e demasiado tempo para agardar pola versión final de L'estaca. Foi un terríbel erro porque Llach non volveu polas miñas proximidades e uns poucos anos despois anunciou a súa retirada.

A retirada de Lluís Llach produciuse en Verges, a vila onde pasara a súa infancia, nunha carpa que reuniu a cinco mil persoas. Ver as imaxes dese día é impresionante. A pregunta obvia que me veu á mente é que artista galego podería retirarse nesas condicións, cun concerto onde acudiron a inmensa maioría dos representantes políticos de Cataluña. Algúns deles, como Montilla, foron abucheados á entrada polo público, pero todos eles tiveron que tragar a crítica de Llach dende o escenario contra o proceso estatutario, e os berros e independencia que coreou unha grande parte do público. O concerto foi un percorrido sentimental pola carreira do autor. Pareceu ser que, ao tratarse do derradeiro, Llach configurouno pensando máis en si mesmo que nos grandes éxitos que o público agardaba. E o público, comprensivo, cantou espontaneamente no final dous dos grandes éxitos ausentes: L'estaca e Laura, mentres o autor marchaba por onde marchan os grandes, por diante e atravesando a grande masa de amigos e compañeiros que acudiran a velo tocar.

8 cadeas rotas:

Anônimo disse...

no hipotético caso de que Ll.Ll. gravase algunha vez un bo disco, foi hai tantos anos que xa remudou no Serrat do independentismo catalán...

Arredista disse...

Já me falaras do concerto de como ocorrera e d q o publico ao final empezara a cantar L'estaca e a verdade é q alucino vendo o video.
Sobre o q falas d q músico galego podería vivir umha experiencia semelhante de reunir a politicos de todas as cores,so se me ocorre um Juan Pardo,pq cambia d colores segum a ocasion e ali sentirianse comodos os da gaviota,os da estrela azul e os da alcachofa.
Mas a verdade é q eu sempre pensarei q um dos melhores q tivemos marchou deste mundo se ter esa homenaxe multitudinaria do nosso povo Suso Vaamonde,tivo um mas merecia um muito mais grande.

paideleo disse...

Os galegos temos muito que aprender dos cataláns. Muito.

folerpa disse...

Emotivo e emocionante, meu.Eu gardo na miña memoria sentimental Ithaca ( descubrin con ela a Kavafis)e aínda conservo o vello vinilo do meu pai que durante moitas tardes de adescencia foi o meu LP de cabeceira.

Imai disse...

Llach pra min é ir un fin de semana a casa, vir a compos a dúas horas de lingua II (con créditos ects aso que non se podía faltar...pero o profesor non se debera enterar, porque non apareceu por alí), facer o camiño inverso no mesmo día, ir ao directo máis fantástico e cristalino de todos os que levo visto nunca, mollarme, un enfado con miña mai, esperabame no coche e que non deixou que meu pai coitado! puidese vir comigo("xa se sabe que as toleadas a pequena dalguén as sacou, dalguén tivo q salir así...") ir de lugo á casa, durmir cinco horas, da casa a lugo, de lugo a compos... e, chegar a Kavafis (coma folerpa). Non é chincha rabiña se non o viches pero para min foi moi especial.

Mr Tichborne disse...

Mirou vostede a súa caixa de correo? (E perdoe este comentario tan pouco axeitado ó tema, mais non sei nada de Llach)

bouzafria disse...

Teño eu para min que un dos tres mellores concertos que teño vivido fora un de Lluis Llach en Vigo. Polo menos dos que mellores lembranzas quedan, sendo como foron os tres todo o contrario que ateigados: Os outros foran Hilario Camacho no Toural e máis Amancio Prada no Auditorio de Compostela.
Nou nou paréceme unha obra mestra e Tendresa o seu cumio.
E como di o paideleo, si que temos moito que aprender dos cataláns.

oko disse...

eu tamén ía dicir o de juan pardo e rirme. despois decateime do tristísimo que é somentes pensalo