Pareceume especialmente divertido o meme/xogo que fixo o señor Pawley hai un tempo, consistente en crear mediante páxinas ao chou un disco virtual. A instrucións están bastante claras na ligazón, aínda que o xogo debeu rodar o seu e nótase que están predeterminadas para crear só ou fundamentalmente grupos anglófonos. Pódese facer unha pequena adaptación ao galego so seguinte xeito:
- Entrar na sección de páxina ao chou da wikipedia en galego. Ese será o nome do grupo. Dadas as características da wikipedia galega poden sair cousas do máis pintorescas e até nomes de grupos xa existentes.
- Entrar na sección de citas ao chou de Galicitas e escoller as últimas palabras da última cita como título do disco. Non digo un número de palabras concreto porque a nosa lingua é máis rabuda que o inglés e cae moito nos sensentidos se somos estrictos. Digamos que entre tres e cinco palabras está ben, buscando unha expresión con sentido ou non (ao gosto).
- Entrar aquí e escoller a terceira foto para a carátula. Esta parte sería igual, non creo que os grupos galegos se caractericen por unhas carátulas nas que destaquen imaxes da terra nen nada semellante.
Unha terceira opción, se cadra para min a máis divertida, é imaxinar o tipo de música ou mesmo o tipo de disco. Na próxima postaxe subirei os resultados feitos polos dous sistemas, e se cadra tamén as críticas imaxinarias.

0 cadeas rotas:
Postar um comentário