Supoño que será a maxia dos aniversarios redondos, pero este ano foi de máis. Noticias como esta, esta ou esta fan que a manipulación histórica da típica festa da Comunidade de Madrid chegue a extremos impúdicos. Como teño dito outras veces, penso que todo nacionalismo se basea nunha serie de construcións míticas que a día de hoxe deberían ser asumidas dende unha perspectiva crítica se se pretende que tal ideoloxía siga tendo un sentido contemporáneo. Naturalmente isto non vale só para os nacionalismos "periféricos", senón tamén para o nacionalismo centralista (por máis que renegue de tal nome). Interpretar os feitos de 1808 en clave nacionalista española non deixa de ser un mito máis, se cadra xa un tanto evidente, dadas as outras alternativas, pero que como todos os mitos, só ofrece unha perspectiva incompleta e ficcionalizada.
Hai unha serie de problemas de inicio que se poden pasar por alto, por exemplo se a insurrección madrileña foi unha versión anticipada da tan denostada kale borroka, ou a cuestión sobre a lexitimidade xurídica dunha insurrección que ía contra gobernantes lexítimos (despois de todo Xosé Bonaparte recibira pacificamente o reino de mans dos seus donos). Hai outras cuestións máis espinosas, como as traicións posteriores aos rebeldes por parte da monarquía, ou os feitos incontestábeis de que as Xuntas de defensa implicaron a maior descentralización do Estado até a data, chegando a servir como ensaio previo das insurxencias pola independencia de ultramar.
De todos xeitos a cuestión máis importante é que as afirmacións sobre a loita pola "nación española" poderían ser comparadas con afirmacións do tipo "a batalla de Elviña, na que os galegos volveron situarse do lado dos seus irmaos británicos e portugueses contra o malvado goberno centralista importado pola Coroa española dende Francia".
Posibelmente, e a risco, de erguer outro mito (polo menos este non nacionalista), as reaccións contra a "ocupación" francesa tiveron máis que ver con cuestións políticas e relixiosas, sumadas á actitude cruel e arrogante dun exército estranxeiro, antes que con supostos sentimentos nacionais ou nocións de independencia. Dubido moito que tanto os afoutos madrileños inmortalizados por Goya como os galegos da comarca da Coruña tiveran máis noción do combate que o de loitar contra alguén que ameazaba os seus bens e as súas vidas. De todos xeitos as implicacións do paso das tropas napoleónicas polo Estado español foron moito maiores do que as insurreccións que provocaron. Como dicía Otero Pedrayo (cito de memoria): "invadíronos, pero nas súas mochilas traían a liberdade" (ou algo así).
De todos xeitos, postos a sobredimensionar a revolta madrileña no nacional podemos recuperar iso "da terra estraña" que tan ben canta o Leo.

7 cadeas rotas:
E curioso, aqui non e o dous, senon o cinco de maio o que se celebra por todo o alto... esta visto que os franceses foron tan catalizadores da resistencia colectiva no XIX como o son agora os Estados Unidos.
E mais, non e a primeira vez que topo paralelismos entre a resistencia (e presunto nacemento da guerrilla) do 1808 e a insurxencia antiamericana en Iraq (que un feixe de cegatos se obcecou en chamar terroristas ou "inimigos da liberdade"), magoa que agora haia tanta merda misturada ali dentro que ate se fai dificil saber quen esta contra quen. Alen dos contratistas e os vendedores de armas, faise dificil concebir quen pode ter algo que gañar na prolongación do conflito...
e temos testimonios de todo elo grazas um gran pintor inda q estivera baixo o reises pintou coma veu.....
tes q vela peli do iam moi guay..
saudos e powerfunk...beijos
A historia cóntase segundo a versión dos vencedores e así queren vender o asunto como queren eles.
Fóra do desprecio que me producen esas construcións tan interesadas da historia (que funcionaron moito na creación do nacionalismo galego, obviamente), atopo na loita contra o francés unha reacción contra a modernidade, máis que calquera outro aspecto. E aí entra Cachamuíña, por suposto
Aínda lembro un profe de historia que tiven que sempre falaba da "obxectividade" dos feitos, como se iso fose posible. Sobre todo impartinado unha asignatura titulada "Historia de España". O peor do pensamento de dereitas é que realmente pensa que é imparcial.
Non mo lembres por favor, que menuda semana tiven que soportar coa puta cantinela... encima á Deseperanza só lle faltou autoproclamarse "Dos de Mayo" en si mesma.
A Aguirre anda como unha tola e todo lle ven ben para sair nos xornáis, especialmente porque sabe que declaracións coma istas teñen sempre eco entre moita xente
Postar um comentário