As rúas da Habana sempre son demasiado brillantes. A praza vermella de Moscú, demasiado grande, aberta a que entren exércitos, como nese final nunca asumido de Hamlet. O trono baleiro, as desputas das mil correntes do bolxevismo prestas a correr como os lobos polas rúas de Pripíat. A casa desfeita, a cuestión nacional sen resolver, o sol que nunca roubamos para este país de pataca e millo miúdo, que xoga co devezo do litio o último as da rolda. A ostalgie final nunca vista dos cantos a Lenin polo coro Alexandrov, sen vodka, nen viño sen nome, nen prebe.E Songoku nunca chegou a recompoñer o mundo coas ondas, como Manuel Antonio nunca chegou á Nicaragua de Sandino, e ficamos coma sempre vendo heroes deslucidos a comer da mesa dos superviláns, sabendo que novos pero sobradamente preparados para a revolución ou o paro. Que os filmes, coma a historia, os escriben os vencedores ou Clint Eastwood, ou os vencedores, e só fica a dignidade dos malos, a vida de papel de Marlowe, a rotunda determinación do día que eliximos non suicidarnos ou queimalo todo.
Os teus ollos famentos marchaban do Ruta sen que as túas maos me devorasen, e alguén, que non era Cohen, preguntaba con que viño brindabamos cando atacaron Nova Iorque ou se Fidel caera nas Antillas, entre mazarocas de Iowa e carne picada.
Esa noite o colante da parede caeu tamén e Silvio anunciou a retirada. Alguén roda de novo nos escenarios de Sempre Xonxa e roda de novo a historia de sempre, Xonxa, sen Ramiro, sen David e sen Serafín. Fidel e Ferrín non cantan habaneras polas rúas, e estar para sempre derrotados xa nen merece sequera a sección de breves do Gramma. Eu cumpro anos e chegan os agasallos sen carimbo, coma sempre, e sen ser agasallos. (Galicia es una mierda.)












15 cadeas rotas:
Denantes doutra cousa... gustábame infinitamente máis o deseño anterior...
Segundo... feliz cumpreanos, eu cumprinos o luns...
Terceiro... encantoume a música... e a letra claro... tamen as irónicas referencias a Deluxe e as "deudoras" de Los Planetas e de Los Enemigos...
Cuarto... un "texto amalgama" tremendo, perfecto como exercicio de autoafirmación (con isas marxes para a dúbida tan... trintaneiras??) de aniversario.
Quinto... grazas por manterme entre as túas ligazóns...
Sexto... estou borracho...
Séptimo... ... ... ... ... ... ...
Parabens amigo,tede coidado coas celebraçóns que o dia seguinte som moi duras.
Gosto do novo desenho do blogue.
fermoso texto, Mario
A mín gustabame o diseño de antes, pero este novo tamén está atractivo. É cousa de acostumarse a velo. Eu tamén cumprín anos (un día antes) e aínda me dura a resaca.
Esquecíame de comentar que o que máis me gusta e o biplano negro e roxo que me lembra a Antoine de Saint Exupéry e o seu libro Vuelo nocturno
Pois en xeral a todos:
Creo que o formato mellora a presentación do texto, a fonte é máis grande, o espazo é maior, e os azuis suaves da banda e dos enlaces son máis relaxantes, ou así o vexo eu. Aver se non dá moitos problemas o deseño, de momento sudei para entenderme co xml (a vella era html), aínda que ten algunhas indubidábeis avantaxes, teño medo de non saber resolverlle as desavantaxes.
O avión era unha chiscadela hipercríptica a Porco Rosso, pero váleme Saint Exupery (non o pensara!!!).
Tiven que pasar todas as ligazóns "a uña de cabalo", así que se hai algunha errada, falta algún de vos ou calquera outro problema non dubidedes en dicirmo. Por certo, o ekis1331 había meses que estaba nas ligazóns, así que recoñecerá que este formato sendo menos vistoso si que o visibiliza máis. ;) (boa resaca)
E o texto é como outro poema hipercríptico (político, ou sexa, de amor), hai que celebrar que as profecías que fixeches un día comecen a cumprirse. Ademais, cando estes sacan un traballo é como se o corazón marchase dar unha volta e volvese mallado e canso ao peito.
Ah, e cumprir, cumpro o domingo día 2, algo que posibilita celebralo en dúas fins de semanas consecutivas!!! (Obrigado a tod@s polos parabéns).
cun texto tan fermoso podedes poñervos a comentar primeiro o novo deseño? vaia...
Certo, o meu afán de notoriedade queda satisfeito.
Levo coa mesma resaca dende os dezasete, xa me acostumei :))
Feliz, feliz aniversario, que ademáis cumples un número moi bonito, pero como é de mala educación non digo cantos :p
Gústame o novo deseño co aeroplano de Porco Rosso (!) aínda que botaremos de menos a porta ao mar.
E encantoume o post. Mira que es poeta. Vou correndo a descargar o disco, que xa o vin por aí en moitos lastefeemes;)
O disco, fantástico.
O teu email alá por nadal: tenteino sen éxito, non me respostaches, polo que supoño que o enderezo ía trabucado. Para preservar a intimidás de nó-los dous, porque non me deixas unha mensaxe na miña caixa da bvg, en http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=FraCasti1&alias=Francisco+Casti%F1eira&solapa=biografia
e así á vindeira non haberá excusa para tomarmos unha cunca e de que me fagas tragar o Seica chove (literalmente, non literariamente).
E por certo, por moito que os louves, no tema que lle dá título ó disco os Escampe din "Mario Regueira es una mierda". Eu os demandaba :D
unha aperta
Pola Rebelión de Inverno.
AH! e feliz aniversario! Eu pasei polo mal trajo o ano pasado.
oko: obrigado. Xa me contou X. de X. e A. que estivemos a piques de coñecernos a semana pasada. Aver se hai máis sorte para a próxima vez.
Raíña: como volva vostede insultarme chamándome poeta ou cousas así vou ter que proibirlle a entrada a esta santa casa. (O biplano porcorrossiano si que mola moito ;)
Mr. Tichborne: mmm... seguro que é iso o que di? Vaia, eu entendera outra cousa completamente distinta. Terei que reescoitar, pero como sexa certo aquí van rodar cabezas.
Parabéns Mario! Disfruta do teu aniversario :)
O disco de Ataque Escampe está moi ben, coido que mellor que o anterior.
Unha aperta!
Parabéns, agüelo :D. Moi bonito o novo deseño, moi limpiño. Lucerna estaba preciosa estes días...
Postar um comentário