Ben, tras unha semana absolutamente chea de citas e compromisos (as crónicas dos máis públicos aquí e aquí), acabei co corpo moído e coa sensación de que me estiven a perder un montón de outras cousas das que non puiden falar no seu momento e que xa cederon ao paso da actualidade. Un feito que marcou a miña viaxe a Coimbra, por exemplo, foi ir sabendo que a universidade ía expulsar aos estudantes que protestaran pola visita dunha famosa representante política.
Antes de que houbese sequera unha acusación en firme contra eles, e moito menos unha sentencia, a Universidade tomaba a tixola polo mango e se sumaba ao coro acusatorio dos xornais. Nada se falou da irrupción (non permitida legalmente) de forzas de seguridade armadas no recinto, e moito menos da conveniencia ou sentido dun acto que tiña máis de electoral que de formativo. Seguindo unha liña que se remonta aos anos 40, a institución universitaria prefire tratar aos seus propios alumnos como sospeitosos. En realidade, un alumno universitario crítico xa é culpábel, polo simple feito de aprender alén dos planos de estudo, por arriscarse a ter unha opinión diverxente, e por non aceptar as directrices políticas da institución.
A situación non é ningunha sorpresa. O ideal dunha universidade como centro de saber, que cumpra o obxectivo de elaborar pensamento crítico e poida aportar elementos de debate á sociedade hai ben tempo que pasou ao saco das utopías. O problema é que nese momento a idea da universidade-empresa ou universidade-consumo tomou as redes e substituíu calquera concepción alternativa. Como lle dixeron a unha camarada miña hai pouco nunha clase de doutoramento: a función da universidade é vender coñecemento. Os tempos de xeralo ou cuestionalo xa pasaron. As verdades pódense facer á medida. A cobertura que a inmensa maioría dos medios fixeron sobre ese tema é algo abondo exemplificativo.

5 cadeas rotas:
No meu curso de doutoramento, que non ten nada que ver con Económicas nin con Empresariais, senón con neurotransmisores e cousas desas, sae unha e outra vez o concepto de que a Universidade debe "contribuír al crecimiento socioeconómico del ámbito en el que se inscribe". O profe incluso se permitiu a chanza de engadir: "generar capital, plusvalía, que diría Marx" Que graza. Isto non é mais que un xeito de facernos pasar como normal a abordaxe descarada e brutal das empresas no ámbito universitario, como clientes e socios con dereito a decidir en que invirten e en que non. A min paréceme terrible, persoalmente.
Ben sexa na Universidade ou na rúa, hoxe en día todos os que non movamos a cabeza asentindo ó unísono, somos sospeitosos. E da igual se os rapaces eses que foron empurrados polos vixiantes privados fixeron algo ou non, de seguro, que como mínimo poderían acusalos de proselitismo, para empezar, nada máis. E logo veña a falar de liberdade, non estamos tan adiante doutros paises considerados tercermundistas en dereitos humanos como pensa a xente (uf, menuda incongruencia, a xente pensa?)
O q e inquibel e q pase o mesmo noutros sitios e nom pase nada e eiqui tratonos coma delincuentes, qm reciviu as descargas eletricas.???.
cambiando de tema graciñas polos folgos da exposicom, xa falaremos dese recital de poesia.
moitos beijos e unha aperta
O acontecido é moi grave.Estamos entrando numha dinamica de repressom moi forte.
Vendo os videos do acontecido na universidade da nojo ver a clase politica q temos neste país.
Ainda me dicia xente q loitou na USC em tempos mais duros que esperabam umha boa reacçóm da xente pq o ocurrido era moi grave
A min paréceme de recibo que núnha democracia haxa hostias para todos, xa sexan estudantes da USC ou contramanifestantes contra os da caverna no obelisco. Por outra parte a prensa, que pertence non o esquezamos a tipos ricos que teñen mais ca periodicos, ten dereito a lexitimar calquera barbaridade xa sexa por ter accións nalgo ou simplemente por foder a esos antisistema que pasan o dia berrando contra cousas (non falo dos obispos, anque pareza). Dado o estado actual de cousas eu proporía que o consello de redacción dos xornais teña recoñecidos poderes lexislativos.
Postar um comentário