Historias da MPB: Unidade



Unha das cousas que máis quitou o sono á dictadura militar brasileira foi a extraordinaria camaradería que existía entre os artistas. E non só no que se refire a un movemento musical concreto, senón dun xeito global. A canción do video é unha proba diso. "Debaixo dos caracois dos seus cabelos" foi composta por Roberto Carlos no momento no que Caetano Veloso e Gilberto Gil foron exiliados forzosamente, e fala da saudade e do momento no que o primeiro ha de volver poñer os pés na area branca. Até hai parece todo normal, se non fose porque Roberto Carlos naquel momento lideraba o movemento da Jovem Guarda, representantes da música fuleira de temática descomprometida, que máis que nada falaba de carros, festas e mozas. Facendo un paralelismo arriscado e imposíbel sería algo así como se Juan Pardo lle adicase unha canción a Suso Vaamonde cando foi preso por "aquilo". Tamén se pode dicir que foi a canción máis social que Roberto Carlos fixo na súa vida, pasando dende entón a súa intocábel posición de cantante melódico volcado co mercado. Juan Pardo non, que apesar de acusar de "rojos" aos de Voces Ceibes, tivo unha temporada de lucidez na que fixo esta única e contradictoria xoia.

A historia veume a cabeza durante o último concerto ao que tiven a sorte de ir, a presentación do último disco de Fanny + Alexander, exactamente no momento no que no escenario de The Homens se amoreaban as colaboracións. Ver a membros de Samesugas e ao Projecto Mourente xuntos daba esa mesma sensación de unidade, de persecución dun obxectivo común como devolver á música galega parte da normalidade perdida, por riba de cuestións de estilo e outras coxunturas. Hai pouco tamén me abraiou nese sentido a colaboración de Dios Ke Te Crew no último disco de Quempallou.

A nosa música vive hoxe un momento especialmente interesante. A idea de basear o último disco de Fanny + Alexander en versións musicadas de poemas abre tamén unha perspectiva renovadora nunha vella liña da nosa música, o diálogo coa literatura, ou a reivindicación de que a música tamén pode ser outra forma de literatura. Aínda que eu persoalmente bote a faltar algunhas expresións máis politizadas, o certo é que o noso circuito musical abre camiños, e ten a oportunidade, por primeira vez na historia, de procurar a súa propia continuidade, e deixar de seru unha pérola perdida, carne de coleccionista (Voces Ceibes, NHU, Os Resentidos, o Bravú...).

6 cadeas rotas:

tangaranho disse...

sim, a verdade é que neste país, para ter cançons e artistas estandarte, necessitaria que os projectos musicais duraram mais...mas parece que se vai andando bastante caminho.

Zerovacas disse...

asuntos sobre os que facer cancións de temática mais politica ou social, hainos, evidentemente. Son optimista nese senso. Por unha banda porque cada vez hai mais grupos, mais xente que quere contar cousas e sabe como facelo. E ademais porque creo que a este goberno se lle está acabando o longuísimo periodo de graza que lle demos.

Non só Juan Pardo fixo cancion ¿política?. Noel sacou hai un tempo esa xoia de Ana Kiro no 79: AINDA QUEDA ALGUN CACIQUE POR ESTAS TERRAS ENXEBRES
POR UNHA GALICIA CEIBE, TEMOS QUE ACABAR CON ELES
NON DEIXEMOS QUE NOS ROUBEN, LOITEMOS TODOS AGORA
POR UNHA GALICIA XUSTA, POR UNHA GALICIA NOVA

http://aregueifa.blogspot.com/2006/02/ana-kiro-patriota-galega.html

Mario disse...

Mamaíña!!!! A ensaimada mental que debeu pasar esta xente cando a transición!!! Percibirían un futuro levantamento nacional-popular e quixeron poñer os cus a salvo? (Asumimos que non o ían facer de balde).
Lémbrame aos traballadores enchufados de certa institución que ao día seguinte da victoria do bipartito non se atreveron a ir traballar. Temerían ser recibidos con baionetas e execucións públicas?

paideleo disse...

As distintas artes comparten parecidas inquedanzas e non é de extrañar que se apoien unhas noutras e que se misturen e cheguen a confundirse.
Gústame a música que teña unha eltra comprometida ou que diga algo.

albagal disse...

Coido que a idea de fusionar música e literatura sempre foi moi acertada. Na Galiza hai mostras como dis, pero máis no bravú, ska e rock reivindicativos e tal.

Está claro que as dúas artes por separado no noso país están pasando por un bo momento. Penso que dos mellores na historia.

Mais no plano cantautores non vexo que haxa moitos, coas excepcións grandiosas de Suso Vaamonde, Tino Baz, Emilio Cao..

Proxectos de musicar poemas hainos, entre algún poeta e música/o novísimo coñecido e a verdade é que a ver se se levan adiante. Ao mellor era bo que grupos como Redes Escarlata (desde o meu punto de vista) se propuxeran abrirse á música.

Eu tamén musico os meus poemas, mais son tan malos que non os soio tocar por aí..

Agora estou a facer un curso da relación entre música e literatura impartido por Anxo Angueira. Esta semana comeza un da lonxa literaria gratuíto tamén do mesmo tipo e dado tamén polo escritor de Pensa Nao: http://lonxaliteraria.tqr.biz/informacion.html , se vos interesa chamade ao 986314250.

Veña, a ver se nos vemos un día destes que vaia pola capi.

Arredista disse...

Para mim o mais triste é que levo buscando muito tempo umha versom musicada do En pé!!(que para min junto co Deus Fratesque seriam dous himnos nacionais moi bos) e so dim atopado a d Juan Pardo.
D feito tenho recordos d algum 24 d julho na casa vendo a gala da galega do dia da patria e saia o tio cantando o En pe!