Decepcionante Martin Frost


Non son un grande lector de Paul Auster, apenas tiven oportunidade de ler un par de novelas hai bastantes anos, que aínda que me gustaron, non o fixeron como para converterme nun seguidor como outros bos camaradas. Se cadra sexa arriscado xulgar este filme dentro da traxectoria de Auster nestas circunstancias, pero non deixo de pensar nunha especie de síndrome de Ícaro ou do perigo do éxito. Dende os tempos nos que coñecín a Auster como a un escritor/guionista de filmes que nunca vira até hoxe a súa presenza mediática non fixo máis que medrar. Especialmente nos últimos anos, e se cadra tamén polo seu papel na guerra das traducións ao galego (o mesmo libro, o mesmo prezo, pero na túa lingua), non pasan seis meses sen que o seu nome volva resoar, e non só pola boca dos citados camaradas.

Supoño que triunfar, ou como queira que se lle chame a isto, ten os seus riscos implícitos. Querer escribir realizar unha obra imposíbel, máis baseada nas túas teimas literarias que no que o lector/espectador querería ter diante. Querer tocar o sol. Ícaro.

O argumento da vida interior de Martin Frost é ñoño, mal formulado e plagado de pontos tópicos. Comentaba á saída do filme cos camaradas, que para tocar un tema tan arriscado como o das musas (si, as musas), hai que ter unha idea brillante, rozando a xenialidade. Por desgraza non é o caso do filme, que ademais tampouco está realizado, no que respecta á direción, dunha forma brillante. Eu diría que nen sequera dunha forma pasábel (e iso que eludín falar do sospeitoso cameo (?) da propia filla de Auster cantando e semipromocionando o disco que acaba de gravar). Completamente demencial.

10 cadeas rotas:

anónimo disse...
Esta postagem foi removida pelo autor.
O pastor eléctrico disse...

Tes razón, parece que o momento de máis éxito ou relevancia do autor de Brooklyn coincide cun baixón importante no seu traballo. a ver se recupera pronto o voo.

leriasaparte disse...

Ninguén pode dubidar da creatividade de Paul Auster, aínda que penso que onde realmente é orixinal é na literatura, nembargantes no cinema on me parece tan desenvolto, como por exemplo Lulu on the bridge. De todas formas, non me confeso fanático de Paul Auster.
Aproveito, con permiso, para comentarche que estou escribindo nos blogs para denunciar a situación de discriminación que sufrín en relación cunhas listas de substitucións na consellaría de educación. Aparece todo detallado no meu blog. Perdoa por facerme publicidade, pero intento chegar ó maior número de xente posible.
Moitas gracias.

tangaranho disse...

hahaha...nem o mais prezado dos teus artistas de cabeceira - que este parece que nom o é- está livre de decepcionar...claro que há detalhes, como o que citas do cameo que já rozam a egolatria...

ekis1331 disse...

Eu tan só lin "A noite do oráculo", e entretívome moito, pero nada máis...

moucho branco disse...

Podería falar aquí durante horas de Paul Aster, pero non o vou facer.... mais que nada porque non teño nin idea de quen é e a disertación quedaría algo sosa e imprevisible. De todas maneiras a miña primeira leitura crítica sobre o seu traballo (esta mesma) non me motiva demasiado a iniciarme. Bueno, Brooklyn, sempre nos quedará Woody Allen...

FraVernero disse...

Bon, tesnos sobreaviso, lo. Eu de Auster teño lido ben pouca cousa (os libros estes de Nova Iorque, que mos pasou nun volume un amigo meu) e a verdade é que me gustaran, anque tampouco toleara polo autor. Na gran pantalla non o teño visto, mais polo que dis, haberá que ir con vacina lo...

arume dos piñeiros disse...

Paul Auster ten dúas caras para mín: pode resultar fascinante na súa maneira de concebir o taller do escritor (esa cousa de escribir sobre a escritura ou esa tendencia a incluir relatos dentro do relato nun laberinto engaiolante), pero conduce á decepción na resolución dos seus enredos. Remata dun xeito abrupto os seus relatos, como con desgana, como se todo o esforzo por organizar os materiais lle cansara e limitara a narración a expoñelos. Hai quen di que esta técnica, voluntaria, de non deixar todo atado agudizouse a partires do 11-s, cando viu todo desde a outra beira do East River, desde o seu Brooklyn. E non sei se a fama puido con el. Eu, que estiven un mes e medio en Nova Iork, vin que estaba dando charlas pola cidade con toda frecuencia. Eso saca tempo para sentarse diante do ordenador ou detrás dunha cámara. E perdón por este rollo.

hormiga disse...

Pois eu non vin a película, pero gústame bastante o escritor, sen chegar a extremos de devoción como me pasa con outros autores. De todo o que lin de Auster, quédome co pequeno libro titulado Tombuctu. Pareceume do mellor que lin del. Outras novelas coma Leviatán, Smoke, Triología de N.Y. e El libro de las ilusiones tamén me gustaron e entretiveron. Nembargantes con Brooklyn Follies deume a impresión de ir todo o tempo por diante do escritor en canto a prever o que vai pasar no relato. E con Viajes por el Scriptorium igualiño, e ademáis aburrinme de forma soberana.

Mario disse...

Vaia, parece que hai unha certa coincidencia niso de que os últimos traballos se lle están indo das maos. Teño pendente ler máis cousas del, así que supoño que comezarei polo principio. Moi interesante o apuntamento, Arume, as súas observacións nunca son un rollo ;) Saúdos a tod@s.