Cogumelos


Onte foi o primeiro aniversario deste Porto, e aínda que a febre me impediu sair da cama e teclear máis de tres liñas seguidas, hoxe que a gripe remitiu e non quero deixar de lembralo. Certo é que moitas cousas mudaron na blogoleira ao longo deste ano. Ao pouco de ter abrir eu este sitio xurdira un artigo que falaba, para a miña sorpresa, da morte do blogomillo. Supoño que, tanto tempo despois, podemos dicir que non foi certo, a non ser que como morte se entendese a desaparición dunha pequena comunidade profundamente interconectada e a súa paulatina substitución por unha enorme e inabarcábel maré de blogues. No fondo supoño que lembra ao vello debate sobre a Galiza ideal. Para moita xente o país dos seus soños é o das vellas aldeas onde todo o mundo se coñece e a vida acontece detida nas mesmas tarefas de sempre. Para moit@s outr@s entre os que me conto, ese mundo idílico debe ser só unha parte máis doutro máis inmenso e rico, que chegue a todas partes. Non atopo ningunha avantaxe en poder ler todos os blogues en galego, prefiro esta enchente onde case non atopo tempo para visitar os d@s amig@s, e podo seguir sorprendéndome cando me dou un paseo. Que a miña lingua o asolague todo coa forza da vida, que rompa as limitacións da pequena comunidade dos afectos e poida servir para calquera cousa.

Supoño que o meu blogue xurdiu en outubro pola mesma razón pola que xurden neste outubro un montón deles como cogumelos despois da choiva. De todos recoméndovos tres de camaradas que hai pouco se sumaron á leira: A Porta de Prismos, que dende a porta dun castro chama á revolta e o cuestionamento do estabelecido; Un galego na corte do rei Gnu, feito dende a Galiza do Sul para o Portugal do Norde; e o blog do artista Paco Lareo, onde poderedes ver algunhas das súas obras. E máis que veñan!

17 cadeas rotas:

elduende disse...

Dame a min que a morte do blogomillo vai ser como a morte do rock&roll. Nunca deixaremos de escoitar falar dela.

Parabéns para voçé,e a mellorarse esa saúde.

occam disse...

Parabéns neste aniversario

O Raposo disse...

Parabens pola data e tomamos nota das suxerencias.

Ana Bande disse...

Parabén Mario, eu tampouco acredito na morte do blogomillo aínda que sí boto de menos un pouco de aire fresco, pero afortunadamente aí está vostede para lembrar as novas achegas, vou para alá entón a recibilos como se merecen.

Arredista disse...

Parabens amigo,ja vejo q o aniversario do blog vai ser recordado como o q pasaches coa gripe.

Suso Lista disse...

Pois eu si que acredito nesa morte, o que pasa, é que coma a Santa Compaña, cada vez somos mais, e, ainda que mortos, estamos.

torredebabel disse...

Norabos! vou pasear pola casa dos veciños que veñen con boa recomendacion ;-))

Zerovacas disse...

Parabéns! (¿pero aínda segues con febre?)

En canto ao outro, na miña opinión o blogomillo está máis vivo ca nunca. Os creadores e usuarios de blogs en Galicia multiplícanse, adquirindo presenzas cuantitativas moi superiores en termos relativos ás da maior parte do resto do Estado Español. Tanto nos blogs máis convencionais (os creados en blogger, wordpress, e outros sistemas semellantes) coma nos myspaces (“o myspacemillo”, en palabras de María Yáñez).

As críticas (autocríticas) guindadas contra a situación actual da blogosfera galega, denotan, quizais, un certo sentimento de nostalxia, de lembranza dunha arcadia feliz na que todo o mundo se coñecía e todo o mundo era pioneiro, un sentimento non exento duns certos elementos elitistas.

É posible que nos últimos tempos perdérase en parte o forte sentimento de comunidade que caracterizaba aos pioneiros do blogomillo (que caracteriza de feito a todo novo proxecto ou comunidade, formadas por un pequeno feixe de persoas, moi implicadas), que con moita rapidez transformaban a súa relación virtual en encontros persoais, e que eran capaces de poñer en marcha proxectos e iniciativas conxuntas moi rapida e efectivamente. Con todo, hai que ter en conta que non é tan doado artellar unha comunidade de milleiros de membros xeograficamente moi dispersos, como é agora o blogomillo; evidentemente todo resultaba moito máis sinxelo cando os blogueiros galegos podíanse reunir nunha cafetería e mesmo non chegaban a encher todos os asentos. Do mesmo xeito, hai que ter en conta que estes primeiros blogueiros galegos eran na súa meirande parte superusuarios, persoas con coñecementos informáticos relativamente avanzados, con gran capacidade (e interese) para desenvolver proxectos en rede. Hoxendía o blogomillo é moito máis plural en todos os sentidos, incluído o perfil dos blogueiros, moitos deles con niveis de usuario informático medios ou baixos e nulos coñecementos de programación e deseño web, pero con moitas cousas que dicir.

Con todo, concedo que quizais a actual forza cuantitativa pode estar sendo desaproveitada. Hai moita xente, a xente fala, pero pode que falte algo de novo aire fresco, un feixe de blogs novos, interesantes, que sorprendam. Cómpre diversificar os temas, as interrelacións sociais, convocar memes, quedadas, e máis iniciativas coa vontade de influír e intervir na realidade (física, claro)

Calidonia disse...

Bens, antes que parabéns.

E para debater da blogoleira mellor farémolo noutra anotación (ou en varias)...

sergio74 disse...

Parabems polo aniversario.**
Andamos os dous reformando,,, q te mellores, saudos e unha aperta

R.R. disse...

¡Mimá, Mario!, ¿dáste conta do vello que vas? Moitos parabéns e que siga andiante, aínda que esu estou con Suso Lista e apoio a idea de que en realidade somos unha Santa Compaña virtual.

Saúde e longa vida.

bouzafria disse...

Aínda que sexa reiterativo: parabéns... e que sexan moitos máis.

A Raíña Vermella disse...

Parabéns e bocatas de cogomelos con queixo:) Menos mal que o blogomillo está morto, se chega a estar vivo, cómenos!! Eu cando menos non dou a basto coa de novos e xugosos blogs que comezan co curso. Entendo o do sentimento da perda de comunidade (a min tamén me pasa un pouco con respecto a algunhas baixas moi célebres e choradas)pero no fondo é un pouco como cando algo se volve popular e da rabia porque xa non é só algo teu e dos teus catro colegas. Certo sentimento elitista do que ninguén está a salvo, vaia. O que demostra o blogomillo é que ao galego, definitivamente, non lle quedan vinte anos.

paideleo disse...

Noraboa por este primeiro ano na blogomorgue. E espero que sexan máis.

Mario disse...

Moi agradecido a tod@s. Non deixen de visitar aos novos camaradas.

O pastor eléctrico disse...

Que raro que chegue eu tarde a algunha felicitación. Noraboa Mario.

ARUME DOS PIÑEIROS disse...

Noraboa, amigo Mario, e sorte. E noraboa tamén para Zero Vacas, sempre atento aos media, por esa visión do blogomillo. A ver se o anfitrión se estira e escribe un post sobre este blogocéano atlántico.