Esta semana houbo, dúas noticias que me sorprenderon bastante. A primeira aparece ilustrada por este video, que descubrín vía Arale nos USA, e que evidencia como andan as cousas no referente internacional para a liberdade e a democracia. O contexto é unha conferencia de Kerry nunha universidade. O rapaz érguese para facer unha pregunta sobre a súa pertenza a unha organización secreta universitaria na que tamén estivo Bush (xa houbo outros que tamén trataron o tema dende outra perspectiva). A resposta é suficientemente explícita como para requerir comentarios, só aclarar que os calambrazos que se escoitan é porque as porras eran eléctricas.
O video evidencia unha vez máis o retorcido sentido da liberdade de expresión que teñen eses fanáticos expulsados de Inglaterra e vidos a máis grazas ao petróleo e a expansión militar. Iso é tan esperábel que case non impresiona, a min deixoume máis marcado esa outra parte que non sae nos argumentos teóricos: a pasividade absoluta do resto do auditorio. É certo que aquí tampouco hai moita tendencia á autoinmolación diante das forzas da orde, pero sempre hai o impulso de prestar a axuda mínima da presenza, o feito de erguerse, acudir, e empregar sequera a mirada. A mirada protexe, intimida, dá a mensaxe subliminal de que hai testigos e que fagan o que fagan non ficará impune, en determinados casos amedrenta, e noutros, mesmo pode empregarse como arma psicolóxica. Non é moito, é certo, pero é a reacción de cortesía, o mínimo que unha persoa fai por outra. No video o que sae é unha pasividade que me pon moito máis medo que o son das porras eléctricas.
A segunda foi a do meu amigo o presidente iraní, co seu tallante "en Irán non hai homosexuais". Hai unha perspectiva dende a que se lle podería dar a razón. En Irán non hai homosexuais, do mesmo xeito que seguro que tamén non hai mulleres. Se algún destes dous colectivos existe é no máis fondo dos armarios ou sepultados baixo roupas e leis que lles impiden desenvolverse como seres humanos. A súa mesma existencia é tan semellante a un sucedáneo, que pode dicirse que a nivel social non existen. E se algún se escapa, as solucións son doadas e efectivas.
Aquí están os dous inimigos mortais que ameazan con destruirse nuclearmente, agarrados aos seus mutuos fanatismos. Eu creo que Bush e Ahmadinejad non se levarían tan mal se probasen a tomarse unhas cañas xuntos. Ás veces a mellor metáfora para a situación actual é a de vivir no medio dun fogo cruzado, no noso caso, aínda por riba, cunha planta de gas ao lado.

16 cadeas rotas:
Triste pero certo. Así vai o mundo.
O que me flipa e que mentras "reducén" o rapáz, (e un decir, na miña aldea con ese despliege matamos un porco de 200 quilos nun segundo) ningén se move do asento, nin protesta nin nada.
Afortunadamente estas cousas ainda non chegaron entre nos pero a este ritmo non tardarán.
O de Iran, sen comentarios.
O problema é q o mundo dirixese cara umha americanizaçom,é dicir, tentase copiar o seu modelo.Recortes sociais,disminuçom das liberdades e todo o q eles tenhem e asi nos vai.
Sobre os iranis melhor nom comentar nada. Nom ha por onde colher a todos os fanaticos das relixions
No video mesmo poden verse alguns alumnos rindo... entranme arrepios so de pensalo.
Bush e Ahmadineyad, para min duas caras dunha mesma moeda. Como ti dis de seguro que se levaban ben compartindo uns zuminhos. Anque no caso de Ahmadineyad coido que o que acontece e mais triste porque e grazas a paranoia das potencias gringas e europeas que esta ganhando mais forza e autoridade da que realmente ten ou lle corresponde no seu pais. E o prototipo de lider que tenta lexitimarse pola sua accion exterior a costa do estrangulamento da sua sociedade. De "Arbustito" mellor non falar.
A "democracia" e a "liberdade" en USA é moi sui generis. O malo é que parece ser o modelo a seguir por outros paises.
Estarrecedor o vídeo.
Máis que unhas cañas xuntos, Bush e o iraní deberían quedar para meterse unhas ostias. O malo é que eles cóidanse ben de facelo e quen sufre as liortas son os seus países, e logo o resto do mundo, nós.
Por certo, que Kerry vén sendo en teoría a "oposición" a Bush. A outra cara da mesma moeda, o poder.
O pior é ver a xente a escaralhar-se. O vídeo deixa uma sensación de mala ostia (diferente da que deixa o teu livro, tranquilo) e ganas de varear ao público asistente... Que noxo!
Bom, aproveito também para fazer publicidade do porto que acabamos de abrir no Mondego. A ver quanto dura, loitando contra o proceloso mar da minha preguiza!!!
Ah! Xa tedes um presente no primeiro post (nom digades que nom vos trato bem...)
A violencia é un mal camiño veña como veña disfrazada.
Nos EEUU pronto sacan armas os policías e arman un escándalo enorme. Imaxina que hai policías nas vodas !.
Arrepiánte. Como xa se dixo, o peor é a complicidade dos que están alí e non fan nada.
Hola?... Sr. Franz?... Sr. Franz Kafka, escóitame vostede?... hola?...
Sr. Franz... quén está ahí?!...(berros, ruído provinte do que semella un forcexeo)... Sr. Franz!!!... (paammm!!!!!)...
Non me atrevo a dicir que cada un ten o que se merece, porque entre a poboación dun país sempre hai xente consciente e intelixente, e xente que sofre aos seus gobernantes, pero non podo deixar de lembrar que Bush foi reelixido tras o de Irak, posiblemente polos mesmos que non se moven (ou que se rin) no vídeo. Despois pasan cousas como o de Nova Orleáns, cun estado que se inhibe de toda actuación ante unha catástrofe, e que incluso se permite pedir axuda económica a Europa (!!!!!!!!!) Pregúntome onde está o problema, non con Bush, que é un fanático, senón coa xente.
No MUDA (Movimento Universidade Alternativa) há um vídeo de mais outra agressão da polícia norte americana, desta vez numa biblioteca.
aí vai o link
http://mudafcul.wordpress.com/blog/
Eu teño unha especie de sensación de medo que me aniña no corpo e medra cando vexo estas cousas. Estes días, lendo nun dos libros de Mumia Abu-Jamal, quedoume crudamente claro como funcionan as cousas alí e sospeito que nos vai salpicar aínda máis do que xa o está a facer. Coido que unha das cousas que máis me desacouga é non ser quen de entendelo nin sacando a miña parte máis chunga e sádica...
Eu penso que os dous mandatarios, teñen a misma maneira de pensar, sólo que cada un deles envidia e desea ter o que ten o outro, sin desprenderse ningún deles do que cada un ten. (armas e petróleo)
o malo son estas barbaridades e tamén que o nosos países non eran tanto mellores ca estes fai nada. So que semella que esquecemos que non fai tanto tamén en España e na Arxentina podíanche matar por ser homosexual, por ser roxo, por ser peronista, por ser republicano. E non con menos saña e loucura. canto tempo pasou? 40 anos? 60? menos de cen que, para a humanidade, non é tanto...
Non eran e en moitos sentidos non seguen sendo, o que me preocupa especialmente é esa falta de resposta que se percibe no video, a capacidade de facer triunfar esas mentiras e que a propia poboación as asuma como algo natural.
Postar um comentário