Caótica


Os bucles, os atallos, os círculos, os palíndromos, os animais, @s amantes, as zonas ocultas, os secretos, o sexo, a morte, a mística, os acentos estranxeiros, os accidentes, os pobos oprimidos, as guerras, o pasado, a memoria e a desmemoria, a creación, a realidade, os cruces, @s amig@s...

Sempre me fascinou a cantidade de pontos comúns que se poden sacar da maior parte dos filmes de Médem, e o xeito no que consiguen crear unha liña que non chega a facerse repetitiva. Persistir nas teimas persoais sen cansar ao público non é unha tarefa fácil, pero a verdadeira virtude é crear unha evolución sen chegar a afastarse nunca de ningunha delas. Facer unha auténtica poética persoal e ser capaz de seguir contando cousas novas con ela. A filmografía de Médem paréceme unha das poucas do Estado español que, chegando aos círculos comerciais, conseguiu manter o seu toque persoal, fuxindo do pintoresquismo e dos pontos comúns. E ademais, efectuando os seus particulares exercicios de valentía.

Non gostara de Lucía e o sexo. Pareceume enrevesada de máis e tampouco gostei dos actores. Se cadra sexan das dúas críticas que se poden facer a Caótica Ana, da que seguramente moita xente non gostará. Porén recoñezo que a presenza dunha perspectiva mística intencionada conseguiu engancharme máis que os devaneos pseudoeróticos de Paz Vega. O feito de que detrás de toda esa concatenación, ás veces forzada, de aconteceres hai unha mensaxe que non pode ser completamente comprendida, xustifica en parte o seu desenvolvemento. Até agora foi o filme del do que máis gostei, mesmo máis que d'Os Amantes do Círculo Polar ou dalgún dos primeiros. Obviamente non é unha obra perfecta, e moito daría para falar dos fallos que eu considerei, pero si que consigue que todas esas pequenas imperfeccións contribúan a redondear o resultado final.

6 cadeas rotas:

Zerovacas disse...

recollo a recomendación. xa tiña gañas de ir ver o filme, e agora máis, claro

andas por compostela? vas ao condado? vémonos, en calquera caso

ekis1331 disse...

Ata o de agora vin tres filmes de Medem: Os amantes do círculo polar, Lucía e o sexo, e A pelota vasca.
Destes tres gostoume especialmente o último, paréceme unha labor de aproximación á sociedade euskera necesario e ben artellado.
En canto ós outros dous, sin negarlle a súa cuota de orixinalidade, e coincidindo contigo en que é mellor Os amantes..., considero que os seus guións son excesivamente cerebrais, de lóxica matemática máis que humana, e por elo adoecen, na miña opinión, de certa falta de espontaneidade para facer crible a historia que contan.
En calquera caso, e tal cal é o panorama do cine estatal concordo contigo en que é dos cineastas mainstream máis salientable, aínda que eu me quedo con Juanma Bajo Ulloa.

tangaranho disse...

Pois a ver...experimentarei...

arume dos piñeiros disse...

Pois menos mal que a ti che gusta, porque despois de ler as críticas nos xornais e nas revistas quitan as ganas. De todas maneiras, hai que recoñecer que se o cinema español depende das críticas agora mesmo de EL PAIS augurolle un futuro nefasto. Onte a da esfera non sei que (por riba coa entrevista ao lado) era impresionante. Claro que se traballa Aitanita, o director xa a jodeu.
E sobre o cinema de Medem concordo con ekis (salvo no da pelota vasca) ata tal punto que só gusto das esceas eróticas das pelis. DO resto esquecemento completo. E da paisaxe de Formentera, claro está. Que para iso un é director: para filmar onde lle sae a un daí.

A Raíña Vermella disse...

Non sae Paz Vega, verdade? Son a única que considera que esta muller actúa MAL e que é capaz de cargarse o mellor dos guións? Gustoume moito Os amantes... precisamente pola lóxica matemática e especular (a cabra tira ao monte, xa se sabe) do guión. Lucía y el sexo non, polo xa exposto: Paz Vega nin me convence nin me erotiza non mais mínimo, que se lle vai facer. Eu é que son mais de Monica Belucci;)

moucho branco disse...

Esta non a vin, anque fareino.... Lucía y el sexo pareceume insoportable... agás algúnha escena de grande contido diáctico e interese cultural evidente.