Como sabedes o historiador Dionisio Pereira foi denunciado pola familia de Manuel Gutiérrez, o que fora alcalde de Cercedo baixo o franquismo, por relacionar ao tal coa represión fascista. Unha frase no seu libro A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo e máis outra recollida nas Actas do Congreso da Memoria (Narón, 2003) serviron para esixir unha retractación e máis unha indemnización pecuniaria. Hoxe fracasou o acto de conciliación ao que estaba convocado e o proceso seguirá pola vía civil. Dionisio xa ten expresado a súa negativa, tanto a retractarse como a empregar as súas fontes orais como testemuñas.Asistimos unha vez máis á tentativa de criminalización e silenciamento da nosa memoria histórica, ademais da tentativa de mudar a historia de lugar e poñerse agora no lado das víctimas. Non hai moito Marianito avisaba que a el non lle interesaban as historias dos suevos (sic), senón saber que o Estado español estaba entre as oito primeiras potencias europeas. Gustaríame verlle explicando sucesos así en persoa aos dirixentes dalgunha desas potencias, especialmente aos daquelas que viviron reximes fascistas aos que a comunidade internacional non deixou seguir existindo.
Neste enlace atoparedes máis información, ademais dunha serie de correos onde amosar a vosa solidariedade con Dionisio.












10 cadeas rotas:
O que lle está a pasar a Dionisio Pereira demostra que vivimos nun país de tolos. O mundo ao revés.
Sim camarada mario fomos frikies daquela e agora seguimos a ser frikis ainda que em outras facetas da vida... menos mundanas!
Pois si, un novo (e triste)capítulo da historia. Non sei como se pode permitir que ocurran cousas coma esta.
Claro, o que pasa é que o quid da cuestión retrotráese a un fracaso. Un fracaso histórico. Ou máis ben dous: o primeiro, a derrota na Guerra Civil contra o Feixismo. O segundo, a incapacidade, nas agonías do 'Ancièn Regime', de rematar con el de xeito revolucionario, activo, decisivo. A necesidade de pactar co 'franquismo intelixente' (léase, a UCD e o Borbonciño).
Todo iso non sae de rositas, evidentemente. Logo pasan as cousas que pasan... Anque a realidade ten a súa dialéctica e, mal que ben, parece que comezamos a abrir debate -e a memoria histórica é un dos frentes-.
Veremos no que remata...
Unha mostra mais de que é un problema actual con implicacións actuais, por mais de que algúns falen diso como se acontecese hai 1500 anos e non houbese consecuencias...
Incrible que, 70 anos despois, aínda haxa quen non quere asumir a historia e se neguen a que saia toda a verdade.
FraVernero tá no certo. O problema vem da aberraçom esa chamada "transicion" que nom foi outra cousa que perdoar 40 anos de repressom salvagem. (e por culpa da que nom temos umha dereita democrática no estado espanhol)
Mais agora nom lles basta, tambem querem re-escrever a historia!!!
Abundando en esta temática recomendar "Atado y bien atado" e "No se os puede dejar solos", documentais que foron secuestrados durante anos polos sociatas, vaia, sileciada unha face da transición.
É curioso o silencio do nacionalismo galego cando se fala dos nacionalismos no estado español, de feito os documentalistas van a cataluña e a euskadi, tamén a andalucía, pero non a galiza. Non sei se será problema de presuposto -penso que traballaban bastante limitados nese aspecto- o que, pero a ausencia é significativa.
Todo un documento:
http://thecinema.blogia.com/2005/112403-despues-de...-1981-cecilia-y-jose-juan-bartolome-.php
Esta claro q as cousas siguem igual,dar os nomes dos torturadores e das victimas a alguns nom lhes gusta.
O meu apoio ao historiador
Moitas grazas a tod@s polos comentarios, veremos en que dá a cousa, e que sexa para ben de Dionisio.
Ao que dicían algúns do pactismo que foi a transición eu non teño máis que concordar. Penso que é a postura máis digna que podemos ter os que non pasamos por aquilo é non aceptalo, non claudicar, e non esquecer.
Postar um comentário